viernes, 27 de febrero de 2009

Usando o Gimp



Gimp é un editor de imaxes dixitais de mapa de bits (ou rasterizadas)que se presenta como unha alternativa ó coñecido Adobe Photoshop. Englóbase dentro do que se ven chamando "software libre", é dicir, é de uso gratuíto e de libre distribución.


Baixa o Gimp de aquí. É a última versión, lixeiramente diferente da previa.


_______________________________________Recursos______________________


Nos seguintes enlaces tendes algún dos milleiros de recursos de aprendizaxe que hai na rede, neste caso en forma de videotutorial.

Hachemuda
vos ofrece videotutoriais que van dende o coñecemento básico do programa ata a creación de efectos de textos o fotográficos.

Minitutorial de Canal Tecnia que vos ensina os pasos máis básicos para deixar ben axustada unha foto dixital calquera.

Completo curso de Gimp proporcionado por Soleup.

Páxina de Rosana Falasco, con numerosos tutoriais.

Blog "usando the Gimp".


___________________________________________________________________



E por suposto, existe unha inmensa comunidade de usuarios que usan o Gimp. Podedes acceder dende aquí ó proxecto Gimp-es







.

jueves, 26 de febrero de 2009

The eyeballing game.

The eyeballing game é un xogo de precisión man-ollo, é dicir, que mide a destreza coa que somos capaces de calcular determinadas abstracción xeométricas.

Está en inglés, pero enténdese moi ven, porque é basicamente visual.

O que hai que facer é moi sinxelo.

Hai tres rondas consecutivas nas que hai que:

1. Axustar dous lados movendo un vértice para que a figura resultante sexa un paralelogramo (figura con lados paralelos dous a dous)

2. Atopar o punto medio dun segmento.

3. Bisecar un ángulo. É dicir, que a liña que sae do vértice o divida en dúas partes iguais.

4. Atopar o punto que está equidistante (é dicir, á mesma distancia) de cada un dos lados do triángulo.

A medida que se fan as rondas vaise obtendo unha puntuación, e unha estadística final. reta ós teus amigos a ver quen ten maior precisión.

Se te atreves, claro.

martes, 17 de febrero de 2009

Googleflight

Eh, Ti.

Si, ti,... que perdes o tempo a miúdo con tonterías que atopas na rede. Has probado googlefight?

Googlefight é un divertimento aparentemente tonto e baleiro, pero que acocha máis do que parece.

Consiste en poñer dúas palabras ou cadeas de palabras, de forma que combaten entre elas e gaña a que apareza máis veces no google.

É moi interesante porque se pode contrastar o contido de internet (tende en conta que o idioma máis utilizado na rede é o inglés)

Probade a poñer os vosos nomes, a ver cánto de vos hai xa na rede (ou de xente que se chame igual)

E se poñedes "Sex"? "Free"? Ou "Peace"?

Da que pensar, non si?

lunes, 16 de febrero de 2009

Servizos de Almacenamento

Moitas veces vémonos na necesidade de pasarlle a alguén un arquivo dixital relativamente grande, ou colgar unhas fotos ou melodías na rede para logo usalas nun foro,... é dicir, que necesitamos almacenar o arquivo en internet de xeito que poda ser accesible no momento que queiramos e dende calquera lugar con acceso á rede.

A solución a ese problema é usar un servizo de almacenamento.

Existen infinidade deles (neste enlace hai unha relación de máis de cen, e crecendo), tanto gratuítos como de pago, en español, en inglés, restrinxidos, especializados,... de todo.

Algúns dos máis populares son Rapidshare, 4shared e Megaupload, amplamente utilizados no intercambio de ficheiros na rede, e que conta con variante de descarga gratuíta e coa posibilidade de ampliar o servizo afiliándose e pagando unha cuota. Estos servizos solen chamarse "Premium".

Case todos utilizan un nome asociado á palabra "share", que significa "compartir".

Particularidades dos servizos.

Hai que ter en conta que cada servizo ten as súas particularidades, polo que non deberíamos usar nunca un servizo sen ler o "contrato" que nos ofrezan ou as condicións de uso.

Normalmente os provedores destes servizos resérvanse o dereito a borrar ou modificar o arquivo enviado sen previo aviso, así como para usar o arquivo ou os datos proporcionados para o ser uso particular ou comercial.

Tamén hai que ter en conta o tipo de contidos que pode hospedar cada servizo, o ancho de banda de descarga que ten, e moitos outros factores.

Ollo, é importante que saibades que moitos países consideran ilegal o intercambio de arquivos que inclúan material no que aparezan persoas menores de idade, ou material que trate sobre diversos temas, como podería ser a exaltación do terrorismo, etc.

De ese xeito, sempre convén ler o contrato ou as condicións de uso de cada servizo para saber que pode hospedar e que non. Ainda que sen olvidar que as leis propias do país no que esté ubicado ese servizo sempre irán por encima de calquera outra consideración.

En canto ó financiamento deses servizos soen vir da publicidade e as membresías dos "Premium".

Exemplos de descarga dun arquivo en:

Megashares

Rapidshare

Megaupload

Cada servizo ten as súas cousas boas e malas, e case todos ofrecen máis prestacións ó rexistrarse, e sobre todo se un faise afiliado do servizo (é dicir, pagando por el).

Nambergantes, trátase dun sector en crecemento que continuamente está ofrecendo novos produtos e ofertas, adecuadas para todo tipo de usuarios. Seguide na onda.

Nota: Tede especial atención sempre que proporcionades os vosos datos a algún sitio de internet, e sobre todo, ler ben as condicións de uso. Evitaravos moitos problemas, a veces pouco perceptibles (como invasión de publicidade ou spam nas vosas contas de correo, ou físicas), e ata o tráfico directo de información persoal.

Exercicios co Audacity

Traballos que hai que facer co Audacity:

1.- Simulación de programa radiofónico. Consiste en coller un audio musical (ou un fragmento)e facer unha introdución narrada simultánea co audio, facendo que o volume da música baixe mentres o presentador fala, e viceversa.

2.- Mestura de son. Coller varios sons de calquera tipo e mesturalos e axustar o volume para construír un sono múltiple novo.

3.- Un traballo libre con sons. Podedes usar os plug-ins do Audacity, cambiar o tono ou a velocidade, invertilo, etc...

jueves, 5 de febrero de 2009

Bancos de Recursos

Os Bancos de recursos son lugares onde existen arquivados e clasificados determinados de ficheiros. Neste caso os enlaces seguintes vannos levar a Bancos de recursos especializados en arquivos de imaxes, sons, vídeos, etc... estupendos para utilizar nas nosas producións, dado que son de dominio libre, isto é, que se poden usar de balde.

Banco de Recursos do Ministerio de Educación e Ciencia (MEC), repleto de imaxes, vectores, sons, vídeos,...

Soungle. Unha extensa colección de sons de todo tipo. É interesante facer as búsquedas en español, pero tamén en inglés, porque é un banco de recursos internacional.

Sonidos Gratis. Portal sudamericano con sons gratuítos. Non é moi extenso e incorpora publicidade, pero é unha mostra mçais do que podedes atopar na rede sen demasiado esforzo.

lunes, 2 de febrero de 2009

Edición de Son III. Software de Edición de Audio.

Software para Edición de Audio

CDEX

CDex

CDex é unha aplicación de software libre orientada ao ripeo e conversión de audio. Permite realizar toda clase de tarefas relacionadas co son dixital, aínda que está centrado principalmente na extracción de pistas e conversión de arquivos de audio a formato comprimido. Con CDex é moi sinxelo converter a túa colección de CDs nunha colección de arquivos mp3/ogg. Na maioría dos casos pódese, ademais, descargar os títulos das cancións, artista e outros datos do CD a converter.

Pódense extraer as cancións de forma individual ou de todo o disco, incluso unha parte dunha canción indicando o tempo inicial e o final. Os formatos obtidos son wav e mp3 e é realmente unha boa ferramenta para facer un respaldo das cancións que tés nun CD e que queiras ter en mp3 para gañar unha maior potabilidade. Ademais, está compilado con soporte para a maioría dos codificadores e dispoñible, tamén, para Sistemas Linux (LCDex); aínda que o orixinal está en inglés, é posible traducilo a múltiples idiomas.

AUDACITY

Audacity

Audacity é un fantástico editor multiplataforma (Windows, GNU/Linux e Mac) libre e de código aberto destinado á edición e tratamento do son. Multipista, permite gravar sons, converter cintas e gravacións a son dixital ou CD, editar arquivos OGG, MP3 e WAV, cortar, pegar, ensamblar e mesturar sons, cambiar a velocidade ou o ton dunha gravación, axustar os volumes, gravación temporizada, mesturar pistas, etc. Ademais, inclúe un amplo abano de efectos, algúns deles de gran complexidade, como eliminación de ruídos ou análise de frecuencias.

VLC

VLC

VLC media player (inicialmente VideoLAN Client) é un reprodutor multimedia do proxecto VideoLAN; é un software libre distribuído baixo a licencia GPL. Soporta moitos códecs de audio e vídeo, así como diferentes tipos de arquivos, os formatos de DVD, VCD e varios protocolos streaming. É un dos reprodutores máis independentes, en canto a plataforma se refire, con versións para Linux, Microsoft Windows, Mac OS X, BeOS, BSD, Pocket PC, Solaris. Existe unha versión portátil de VLC media player que pode ser transportada e usada directamente desde unha memoria USB sen necesidade de instalarse no computador.

Edición de Son II. Formatos Dixitais de Audio.

Formatos Dixitais de Audio.

Formato WAV

O formato WAV, (Waveform Audio Format) é un formato de arquivo orixinario de Microsoft Windows 3.1 e ten normalmente a extensión ".wav". É o formato para almacenar sons máis utilizado polos usuarios de Windows; o flexible deste formato faino moi usado para o tratamento do son pois pode ser gravado en distintas calidades e tamaños, con frecuencias que van desde os 11025 aos 44100 KHz. Aínda que os arquivos Wav poden ter un excelente son comparable ao do CD (16 bytes e 44,1 Khz. estéreo) o tamaño necesario para esa calidade é demasiado grande (especialmente para os usuarios de Internet). Unha canción almacenada en Wav pode ocupar facilmente entre 20 e 30 Mb. A opción máis pequena é gravar a 4 bits e a freciuencia o máis baixa posible. O problema desta opción é a baixa calidade do son obtido, os ruídos, a estática, incluso cortes no son. Por esta razón case sempre se usa para mostras de son. A súa ventaxe é a súa compatibilidade para convertirse en outros formatos.

Formato MP3

MP3, tamén coñecido por MPEG-1 Audio Layer 3, é un formato de compresión de audio desenrolado polo Moving Picture Expert Group, (deseñadores e programadores de normas de compresión de audio e video) traballando baixo a dirección de International Standards organizatión (ISO). Os arquivos así comprimidos identifícanse coa extensión ".mp3". A calidade de son do MP3 e o seu pequeno tamaño fixérono moi popular en Internet.

Ao usar o formato MP3 pódese reducir a pista dun CD a un factor de 12 a 1, (1 minuto de calidad CD en formato MP3 equivale a 1MB aprox.). O uso máis corrente que se dá a estes formatos é o de almacenamento de música polo que primeiro se debe gravar o CD no disco duro do computador para logo pasalo ao formato MP3; para isto cómpre ter un Ripeers que pase desde formato CDA (CD) a Wav, (existen algúns CD que non aceptan ripeado), e logo debe terse un encoder, programas que pasa de formato Wav a MP3. Hai que ter en conta a calidade que se desexa: a maior tamaño de arquivo, maior calidade. Esto especifícase elixindo os Kbps (512, 256, 128, 64, 32, 20, 16), os Khz (48000, 44100, 32000, 24000, 22050, 16000, 11025, 8000) e se é estéreo ou mono e como é a calidade do Wav que se está traballando. A desavantaxe do mp3 é que ten patente, o que impide á comunidade seguir mellorándoo e incluso podería obrigar a pagar pola utilización de algún códec.

Formato OGG Vorbis

Ogg é un formato de arquivo contedor multimedia, desenrolado pola Fundación Xiph.org. O formato é libre de patentes e abierto ao igual que toda a tecnoloxía de Xiph.org, deseñado para dar un alto grado de eficiencia no "streaming" e a compresión de arquivos. Os arquivos rematan na extensión ".ogg".

Como coa maioría de formatos contedores, Ogg encapsula datos comprimidos. O nome "Ogg" refírese polo tanto ao formato de arquivo que inclúe un número de códecs separados e independientes de vídeo e/ou audio, ambos desenrolados en código aberto. Vorbis é un códec de audio libre de compresión con perda. Forma parte do proxecto Ogg e entón é chamado Ogg Vorbis e tamén só ogg por ser o códec máis comunmente atopado no contedor Ogg.

Iniciativa Play OGG:

Iniciativa Play OGG

Formato WMA

Windows Media Audio o WMA é un formato de compresión de audio con perda, aínda que recentemente desenrolouse de compresión sen perda, é propiedade de Microsoft.

Compite co MP3, antigo e bastante inferior tecnicamente; e Ogg-Vorbis, superior e libre, usando como estratexia comercial a inclusión de soporte no reproductor Windows Media Player, incluído no seu popular sistema operativo Windows.

Aínda que o soporte deste formato se ampliou desde Windows Media Player e agora se encontra disponible en varias aplicacións e reproductores portátiles, o MP3 continúa sendo o formato máis popular e por isto máis extendido.

Outros Formatos

Existen moitos outros formatos de compresión de audio, como AC3, FLAC ou RealAudio.

Programa Conversor de Formatos:

  • Switch: Conversor gratuito de arquivos de audio (Ogg, Mp3, Wma, etc.)