viernes, 27 de marzo de 2009

Entrega de traballos segunda avaliación

A data límite para entregar os traballos é o martes 31 de marzal.

A medida que vaiades entregando os traballos, deixade un comentario con voso nome e os traballos entregados nesta entrada do blog.

martes, 17 de marzo de 2009

Traballos da segunda avaliación

Ola. Vou facer un pequeno resumo dos traballos que tendes que realizar e publicar no voso blog para puntuar positivamente nesta segunda avaliación do curso. Organizadas polo programa informático a utilizar. En cada traballo haberá un enlace que ó premer nel levaravos á entrada do blog correspondente. Lémbrovos que se tratan de traballos individuais.

INKSCAPE. Editor de gráficos vectoriais.


Trátase da elaboración dun logotipo ou marca, orixinal, nada de copias, no que apareza dalgún modo o nome ou alcume do autor o autora. O logotipo pode ser o dunha tenda real ou imaxinaria, dalgún equipo deportivo, dunha compañía, dun modelo de vehículo... o que queirades. Iso si, coidando sempre a composición, colores e presentación na medida do posible. O deseño debe ser tamén lexible, funcional e elegante.

Publicarase no blog de cada un en forma de imaxe de mapa de bits, colgada nunha entrada como se fose unha imaxe calquera.

Tamén se publicará na mesma entrada un enlace ó arquivo orixinal .svg, empregando para elo calquera dos recursos de almacenamento que saibades utilizar.



AUDACITY. Editor de son.

  • Simulación dun programa radiofónico. Trátase de crear un arquivo de audio no que intercale música ou algún tipo de son, cunha narración gravada pro vós mesmos, de xeito que cando faledes baixe o volume do fondo sonoro, e cando caledes, o fondo sonoro recupere a súa presenza. Un pocuco ó xeito de facer das locucións radiofónicas.
  • Mestura de Son. Trátase de combinar dous ou máis sons para construir un arquivo final no que todos soen de forma máis ou menos harmoniosa, creando un son novo composto de varios. tentade evitar a cacofonía, e usade a creatividade.
  • Traballo libre. Poñede a proba a vosa creatividade. utilizando as mezclas de diversos sons, locucións narradas e filtros do programa, experimentade para crear un arquivo de son novo e interesante. Podede xogar co tono, o volumen, os ecos, o timbre e todas esas cousas.
Para publicar o traballo no blog deberedes almacenar o arquivo sonoro e o arquivo do audacity nalgún lugar da web. Outra posibilidade é incluír os sons nun reproductor de medios (como o que puxo algunha xente no seu blog para que soe música) para escoitalo dende ese espacio. Fagades o que fagades, deberedes incluír unha descripción do método empregado na no texto que poñades para publicar a actividade.



GIMP. Editor de imaxes de mapa de bits ou rasterizadas.

Unha vez vistos os tutoriais e coa capacidade de utilizar o programa, ainda que sexa de forma rudimentaria, afrontaremos as diversas actividades.

As imaxes deberán ser colgadas no blog cunha breve explicación do feito, aportando sempre as fotos ou imaxes orixinais e logo a foto ou imaxe final. Todo ben explicado e sen posibilidade de confusión.

As imaxes deberán ser tamén dunha calidade e tamaño suficiente, non poidendo baixar de 400 píxels de tamaño nalgún dos seus lados.

  • Retoque dunha fotografía. Trátase de modificar parte ou a totalidade dunha fotografía ou imaxe dixital, presentándo a imaxe orixinal e a modificación unha ó lado da outra, para que se fagan ben visibles os cambios.
Algunhas suxerencias de traballos: Cambiar o aspecto dunha persoa cambiando o color dos ollos e do pelo, maquillándoa, cambiando o peiteado, ou incluso facéndoos unhas fotos cos vosos amig@s e probando a intercambiar as caras ou as cabezas, etc... Na páxina worth1000 tendes milleiros de exemplos de modificacións feitas a fotos. Non teñen por qué sair seres vivos necesariamente na imaxe. Pedras, árbores, obxectos,... todo é válido.

  • Creación dunha composición con persoas. Neste exercicio é recomedable utilizarvos a vós mesmos como suxeitos na imaxe, é decir, que saiades vós na imaxe, ainda que quen non queira pode utilizar a outra persoa. Sexa como sexa, ha de facerse cunha persoa. o que hai que facer é "recortar" a esa persoa e incluíla de forma que quede perfectamente integrada, en outra imaxe allea á orixinal.
Algunhas suxerencias de traballos: Unha imaxe na que estades nun entorno no que non estábades na foto orixinal, ou no que non pode sequera vivir un humano, como na lúa, no lume, nunha alta montaña, nun lugar exótico... outra suxerencia podería ser inlcuirvos nunha foto dun grupo de persoas co que non estabades, como por exemplo unha manifestación ou un acto público famoso. Outra posibilidade podería ser xogar coa escala de modo que parezades máis pequenos (como unha fada, por exemplo) ou máis grandes (como Godzuilla ou King kong, por exemplo), e vos integredes co entorno, pasando por riba dos edificios,... subidos na palma da man de alguén, ou cabalgando un paxaro,.. As posibilidades son infinitas. Adiante a esa creatividade.

lunes, 2 de marzo de 2009

Worth 1000. Imaxes modificadas dixitalmente

Worth 1000 é unha web na que os usuarios publican manipulacións dixitais feitas en imaxes atendendo ós desafíos que a páxina propón cada certo tempo.

Así, os participantes realizan a súa imaxe segundo sexa o tema proposto, para colgala na web e os visitantes pregunten, puntúen, charlen, etc...

Aínda que a ferramenta que se usa case sempre é o photoshop, trátase dun programa de pago. Nós, nas TIC, apostamos polo sofware libre, por exemplo, O Gimp.

Algúns exemplos de desafíos pasados (os números queren dicir que xa houbo outras convocatorias anteriores). Nota: A propiedade das imaxes pertence ós seus respectivos autores e autoras:

Se as mulleres gobernasen nº-6





Manga real nº-8. Miss Manga Special



Lume nº-5



Pokemon nº-4


Quimeira nº9
(Tres criaturas nunha)

Na mesma páxina sole ser doado atopar recursos e titoriais de como se fan as modificacións, case sempre en inglés.

Hai innumerables exemplos, algúns mellores que outros, pero son un exemplo estupendo do que se pode acadar de forma amateur cun programa de modificacións de imaxes e unha rede social de contactos na rede.

viernes, 27 de febrero de 2009

Usando o Gimp



Gimp é un editor de imaxes dixitais de mapa de bits (ou rasterizadas)que se presenta como unha alternativa ó coñecido Adobe Photoshop. Englóbase dentro do que se ven chamando "software libre", é dicir, é de uso gratuíto e de libre distribución.


Baixa o Gimp de aquí. É a última versión, lixeiramente diferente da previa.


_______________________________________Recursos______________________


Nos seguintes enlaces tendes algún dos milleiros de recursos de aprendizaxe que hai na rede, neste caso en forma de videotutorial.

Hachemuda
vos ofrece videotutoriais que van dende o coñecemento básico do programa ata a creación de efectos de textos o fotográficos.

Minitutorial de Canal Tecnia que vos ensina os pasos máis básicos para deixar ben axustada unha foto dixital calquera.

Completo curso de Gimp proporcionado por Soleup.

Páxina de Rosana Falasco, con numerosos tutoriais.

Blog "usando the Gimp".


___________________________________________________________________



E por suposto, existe unha inmensa comunidade de usuarios que usan o Gimp. Podedes acceder dende aquí ó proxecto Gimp-es







.

jueves, 26 de febrero de 2009

The eyeballing game.

The eyeballing game é un xogo de precisión man-ollo, é dicir, que mide a destreza coa que somos capaces de calcular determinadas abstracción xeométricas.

Está en inglés, pero enténdese moi ven, porque é basicamente visual.

O que hai que facer é moi sinxelo.

Hai tres rondas consecutivas nas que hai que:

1. Axustar dous lados movendo un vértice para que a figura resultante sexa un paralelogramo (figura con lados paralelos dous a dous)

2. Atopar o punto medio dun segmento.

3. Bisecar un ángulo. É dicir, que a liña que sae do vértice o divida en dúas partes iguais.

4. Atopar o punto que está equidistante (é dicir, á mesma distancia) de cada un dos lados do triángulo.

A medida que se fan as rondas vaise obtendo unha puntuación, e unha estadística final. reta ós teus amigos a ver quen ten maior precisión.

Se te atreves, claro.

martes, 17 de febrero de 2009

Googleflight

Eh, Ti.

Si, ti,... que perdes o tempo a miúdo con tonterías que atopas na rede. Has probado googlefight?

Googlefight é un divertimento aparentemente tonto e baleiro, pero que acocha máis do que parece.

Consiste en poñer dúas palabras ou cadeas de palabras, de forma que combaten entre elas e gaña a que apareza máis veces no google.

É moi interesante porque se pode contrastar o contido de internet (tende en conta que o idioma máis utilizado na rede é o inglés)

Probade a poñer os vosos nomes, a ver cánto de vos hai xa na rede (ou de xente que se chame igual)

E se poñedes "Sex"? "Free"? Ou "Peace"?

Da que pensar, non si?

lunes, 16 de febrero de 2009

Servizos de Almacenamento

Moitas veces vémonos na necesidade de pasarlle a alguén un arquivo dixital relativamente grande, ou colgar unhas fotos ou melodías na rede para logo usalas nun foro,... é dicir, que necesitamos almacenar o arquivo en internet de xeito que poda ser accesible no momento que queiramos e dende calquera lugar con acceso á rede.

A solución a ese problema é usar un servizo de almacenamento.

Existen infinidade deles (neste enlace hai unha relación de máis de cen, e crecendo), tanto gratuítos como de pago, en español, en inglés, restrinxidos, especializados,... de todo.

Algúns dos máis populares son Rapidshare, 4shared e Megaupload, amplamente utilizados no intercambio de ficheiros na rede, e que conta con variante de descarga gratuíta e coa posibilidade de ampliar o servizo afiliándose e pagando unha cuota. Estos servizos solen chamarse "Premium".

Case todos utilizan un nome asociado á palabra "share", que significa "compartir".

Particularidades dos servizos.

Hai que ter en conta que cada servizo ten as súas particularidades, polo que non deberíamos usar nunca un servizo sen ler o "contrato" que nos ofrezan ou as condicións de uso.

Normalmente os provedores destes servizos resérvanse o dereito a borrar ou modificar o arquivo enviado sen previo aviso, así como para usar o arquivo ou os datos proporcionados para o ser uso particular ou comercial.

Tamén hai que ter en conta o tipo de contidos que pode hospedar cada servizo, o ancho de banda de descarga que ten, e moitos outros factores.

Ollo, é importante que saibades que moitos países consideran ilegal o intercambio de arquivos que inclúan material no que aparezan persoas menores de idade, ou material que trate sobre diversos temas, como podería ser a exaltación do terrorismo, etc.

De ese xeito, sempre convén ler o contrato ou as condicións de uso de cada servizo para saber que pode hospedar e que non. Ainda que sen olvidar que as leis propias do país no que esté ubicado ese servizo sempre irán por encima de calquera outra consideración.

En canto ó financiamento deses servizos soen vir da publicidade e as membresías dos "Premium".

Exemplos de descarga dun arquivo en:

Megashares

Rapidshare

Megaupload

Cada servizo ten as súas cousas boas e malas, e case todos ofrecen máis prestacións ó rexistrarse, e sobre todo se un faise afiliado do servizo (é dicir, pagando por el).

Nambergantes, trátase dun sector en crecemento que continuamente está ofrecendo novos produtos e ofertas, adecuadas para todo tipo de usuarios. Seguide na onda.

Nota: Tede especial atención sempre que proporcionades os vosos datos a algún sitio de internet, e sobre todo, ler ben as condicións de uso. Evitaravos moitos problemas, a veces pouco perceptibles (como invasión de publicidade ou spam nas vosas contas de correo, ou físicas), e ata o tráfico directo de información persoal.