lunes, 18 de mayo de 2009

Traballo de Animación.

No seguinte traballo imos a experimentar coas técnicas de animación fotograma a fotograma "Stop Motion", ou "Timelapse" utilizando para elo un programa que se chama Animator DV na sua versión gratuíta e limitada.

Pulsa eiquí para saber máis sobre estas técnicas. (non dispoñible polo de agora)

O TRABALLO:

Necesitades crear grupos de entre dúas e cinco persoas. Canta máis xente participe no traballo, máis elaborado e complexo deberá ser.

Coma en todas as producións, existen tres fases que hai que seguir para elaborar un proxecto.

1ª FASE; PREPRODUCIÓN: (Antes do traballo)

A IDEA. Primeiro deberedes elaborar unha idea, un esbozo sobre o cal desenvolver o argumento e o guión. É moi importante que as produción teñan sentido e conten algo, ainda que sexa superficial. Sen guión ou argumento non iremos a ningures.

O MATERIAL. Unha vez que sabemos o que queremos facer, temos que planificar o que necesitamos para levar a idea a cabo. Polo xeral necesitaremos unha cámara e un trípode. Un sistema para almacenar as fotos (pendrive, tarxeta de memoria). E dependendo da historia que sexa, teremos que dispoñer de escenarios, actores, bonecos, cousas,...

O TEMPO. Cada vez que facemos algo temos que saber cánto tempo nos vai a levar, ainda que sexa de forma aproximada. É preciso levar un calendario de rodaxe ou diario de produción. Se se piden permisos para usar un espazo do instituto, por exemplo, hai que deixar ben claro durante canto tempo vaui ser, a que horas... No mundo real a falta de planificación nunha produción pode costar miles ou incluso millóns de euros de pérdidas.

A XENTE. Se vos comprometedes a facer un traballo en grupo, é preciso que sexades responsables e non deixedes ao equipo colgado. Hai que traballar como o que máis e vir a clase. Se participades como actores ou actrices, é necesario que durante os diferentes días de rodaxe manteñades no momento das fotos a mesma roupa ou aspecto sempre que a escena sexa a mesma. A iso chámase manter a continuidade ou raccord.

2ª FASE: PRODUCIÓN: (O traballo)

A ESCENA. É moi importante que todos os elementos, xa actores xa obxectos, se dispoñan correctamente no escenario para poder levar a cabo a acción.

A CONTINUIDADE. Hai que manter o concepto de raccord ou continuidade. Este concepto dinos que dun plano a outro, dentro da mesma escena, non pode haber grandes cambios no tempo ou no espacio que sexan apreciables polos espectadores. Por exemplo, unha personaxe non pode ter o pelo longo nun plano e no seguinte telo recortado, ou ropa diferente.

Nestas produccións modestas temos que ter en conta cousas como o cambio da luz (non hai a mesma luz pola mañá que ao mediodía, ou cunha bombilla respecto a un tubo fluorescente, por poñer un exemplo), a dirección dos movementos (se algo sale de plano pola dereita, debería entrar no seguinte plano pola esquerda se queremos dar a idea de que se move nunha dirección dada), etc...

CÁMARA MANUAL. Moi relacionado co anterior. Dependendo do modelo de cámara que utilicemos, poderemos usar máis ou menos controles de forma manual. Se os deixamos en forma automática, será a cámara a que decida cando aplicar ou non determinadas variables, polo que as imaxes poderían ter diferencias notables en canto a color, luminosidade, etc... e ao facer a animación esta parpadearía de forma desagradable.

Para evitar esto usaremos todos os controles manuais que poidamos, especialmente o Balance de Brancos (White Balance) que axustaremos á luz que teñamos na escena.

TRÍPODE. Na animación por fotogramas é moi importante que se produza a sensación de continuidade de maneira que pareza algo grabado de seguido en vez de fotos independentes. Por iso é moi importante que utilicemos un trípode (ou apoiemos a cámara nunha mesa, nun zócalo, etc) para que a cámara non cambie o enfoque nin se mova a menos que o queramos.

PLANOS. Os planos son o equivalente audiovisual das palabras. É importante cambiar o encuadre e non utilizar sempre a mesma toma fixa. A maior sucesión de planos maior será o ritmo da narración. E así tamén se centra a atención do espectador na acción que queramos destacar.

lunes, 4 de mayo de 2009

Webs de análise de produtos de consumo

En internet hoxe en día podemos atopar innumerables espazos en rede nos que os usuarios analizan e comentan diferentes produtos de consumo, dende lavadoras e teléfonos, ata canles de televisión ou calquera outra ousa que poidamos imaxinar.

Isto ten a vantaxe de que antes de mercar un artigo concreto podemos ler as experiencias que outros usuarios relatan, que cousas boas e malas ten, o uso que se lle da, etc.

Así, os usuarios da rede 2.0 aportan contidos de interese desvinculados da influenza profesional das compañías que producen, o que fai que o usuario teña a posibilidade de atoparse análises independentes.

Un coñecido espacio en español é CIAO, onde diferentes usuarios poden expresar a súa opinión, e o visitante ademais pode recibir ofertas de negocios que venden esos mismos artigos. Ademáis, o usuario pode avaliar a utilidade dos comentarios do resto dos participantes.

Ademáis disto, podemos atopar na rede outros espazos máis orientados cara a opinión de expertos. Como por exemplo esta web especializada en productos fotográficos, gadgets e televisións.

Sexa como sexa, é moi interesante que antes de comprar un artigo, dende mp3's a televisores, coches ou propiedades, calquera cousa, investigar un pouco as opinións de innumerables usuarios que nos poden amosar cousas que doutra banda únicamente descubriríamos cando xa se fixera a compra.

lunes, 27 de abril de 2009

Sistemas de información Xeoreferenciados.

Imos a ver dous dos máis populares Sistemas de Información Xeoreferenciados, ou o que é o mesmo, mapas xeográficos deseñados en base a fotografías feitas dende satélites.

Un dos máis importantes a nivel español é o SIGPAC (Sistema de Información Geográfica de parcelas agrícolas), un exhaustivo análise fotográfico de toda a superficie española, deseñado principalmente para ser usado para medir parcelas agrícolas.

Xa máis internacional, temos a servicio que proporciona a todopoderosa Google, o Googlemaps, que evolucionou co tempo a un sistema indepeniente do navegador, presentado nun programa en constante evoución denominado Google Earth (Google Tierra), espectacular como poucos e que nos ofrece infinitas posibilidades, inimaxinables fai uns anos.

Actividades.

  1. Explora o teu entorno habitual utilizando algún destes sistemas e mide a distancia que hai dende a túa casa ó instituto en liña recta.
  2. Establece unha ruta por estradas que faga o mesmo camiño e contrsta os resultados.
Enlaces interesantes:

Blog sobre Google earth en español.

Viaje en F1

martes, 21 de abril de 2009

Cómo engadir imaxes na Wikipedia

Neste enlace está explicado ó detalle o xeito de subir imaxes para engadir coma contidos a todo tipo de proxectos relacionados cos productos de wikimedia.

Para elo, deberedos rexistrarvos en Wikicommons

martes, 14 de abril de 2009

Colección de Wikis

Ademáis da wikipedia, existen moitas outras wikis organizadas de forma temática.

Incluso podemos crear wikis dende cero sobre o tema que nos interesa a través de diverentes proveedores de servicios.

Imos ver algunhas das máis famosas.



Wikimedia
Wikipedia: La wiki de referencia más extendida. Autodefinida como un esfuerzo colaborativo por crear una enciclopedia gratis, libre y accesible por todos. Permite revisar, escribir y solicitar artículos.

Wikilibros: Libros de texto y manuales


Wikcionario: Diccionario


Wikiversidad: Contenido académico libre.


Wikinoticias: La fuente de noticias libres que tú puedes escribir.


Commons: Imágenes y multimedia.


Wikiquote: Citas y frases célebres.


Wikisource: Biblioteca en línea de textos originales que se encuentran en dominio público o que hayan sido publicados con una licencia GFDL.


Wikiespecies: Se espera que se convierta en un repertorio abierto y libre de especies. Se cubrirán animales, plantas, hongos, bacterias, protistas y cualquier otra forma de vida en la medida que nuestros usuarios las vayan completando.


Meta-Wiki: El sitio web de apoyo para los proyectos de la Fundación Wikimedia, que incluyen la enciclopedia libre Wikipedia y el software MediaWiki en que se basa.


Wikimania: Es una cita anual de usuarios y colaboradores de proyectos wiki dirigidos por la Fundación Wikimedia y una conferencia para presentar estudios, investigaciones, observaciones y experimentos relacionados con los proyectos, la cultura y tecnología wiki y el conocimiento libre.


Enciclopedias:

Anarcopedia: La primera enciclopedia wiki anarquista.



Conservapedia: Una enciclopedia escrita desde el punto de vista parcial y conservador. (En inglés)



Disinfopedia: Es una enciclopedia libre creada a partir de varias organizaciones con el fin de documentar sobre propaganda engañosa o fraudulenta. (En inglés)



Enciclopedia Libre: Un proyecto para crear una enciclopedia libre, universal y en español.



Epistemowikia: es una publicación seriada editada electrónicamente on-line. Epistemowikia es una publicación con espíritu enciclopédico y más que decir de ella que es una revista digital o una enciclopedia wiki, nos atrevemos a decir que es la hiperenciclopedia libre y abierta, y viva.



Javapedia: Es un proyecto abiertamente inspirado en Wikipedia. Su objetivo es la creación de una enciclopedia en línea sobre la plataforma Java. (En inglés)



LyricWiki: es un sitio web que alberga letras de canciones. Es un wiki que utiliza el software MediaWiki, el mismoWikipedia. Ocupa el lugar número 12 de las wikis más largas.



Solarpedia: nace con la intención de promover el conocimiento y el uso de la energía solar como una de las soluciones que puede ayudar a la sostenibilidad del planeta. Está totalmente basada en la wikipedia.



Wookieepedia: Enciclopedia sobre el universo de Srta Wars, incluyendo los seis filmes, las series de animación y el Universo Expandido. Lo gracioso es que "wookiee", una de las razas de ese universo de ficción, a la que pertencía el entrañable Chewbacca, se pronuncia de forma muy similar a "wiki".




Humor:

Uncyclopedia: Una wiki en inglés realizada en plan coña y muy difundida.



Inciclopedia: Versión española de la Unclycopedia, como ésta, en clave de humor. También tiene diferentes proyectos paralelos (y para lelos) como Incinoticias, Incilibros, Incitables o Incijuegos.



La Frikipedia: Versión paródica de la wikipedia en clave de humor, llena de disparatados artículos de calidad variable.

Traballo coa wikipedia.

Antes de nada temos que rexistrarnos como usuarios da wikipedia, utilizando o alcume que desexemos, aínda que é recomendable usar o mesmo que sempre, pero tampouco ten maior importancia.

Unha vez feito iso, debemos escoller o idioma da wiki no que imos traballar, ben sexa en galego como en castelán.

O que hai que facer despóis é pescudar na propia wikipedia vendo a forma na que podemos colaborar, sexa creando un artigo dende cero, ampliando información, aportando fotos ou outro tipo de material multimedia, traducindo dunha lingua a outra, etc...

Aquí atoparedes unha breve guía coas preguntas máis frecuentes sobre como se fai todo isto (no caso da galipedia)

Cada alumno ou alumna ten que ir anotando as cousas que fai na wiki nunha entrada nova no seu blog, aportando o enlace á colaboración en cuestión.

Wikipedia. Enciclopedias interactivas.

(información extraída da propia wikipedia)

A Wikipedia é unha enciclopedia de contido libre. Está escrita en colaboración con moitos usuarios grazas a que esta páxina web é un Wiki, isto significa que calquera pode editala, ti incluído/a.

A Wikipedia comezou o 15 de xaneiro de 2001 coa versión inglesa. A Galipedia comezou a funcionar o 8 de marzo de 2003, agora mesmo hai 46.042 artigos creados. Ti podes axudar a que medre a Galipedia.

Todo o contido da Wikipedia está cuberto pola Licenza de Documentación Libre GNU. Os creadores fican sen a propiedade das súas contribucións, e a licenza copyleft asegura que as contribucións sempre estarán dispoñíbeis para a distribución e reprodución libre.

Outras linguas

A Wikipedia tamén existe en castelán e portugués. Hai igualmente versións da Wikipedia nas seguintes linguas:

Podes atopar Wikipedia en moitas outras linguas
Wikipedia noutras linguas

Wikipedias con máis de 2.000.000 artigos: Inglés

Wikipedias con máis de 150.000 artigos: Alemán · Francés · Polaco · Xaponés · Italiano · Neerlandés · Portugués · Castelán · Sueco · Ruso · Chinés · Finlandés

Wikipedias con máis de 25.000 artigos: Turco · Esperanto · Eslovaco · Checo · Catalán · Romanés · Ucraíno · Húngaro · Danés · Indonesio · Hebreo · Lombardo · Lituano · Esloveno · Serbio · Volapük · Búlgaro · Coreano · Estoniano · Árabe · Telugu · Croata · Cebuano · Nepal Bhasa · Galego · Grego · Tai · Noruegués (Nynorsk)

Wikipedias con máis de 15.000 artigos: Persa · Vietnamita · Malaio · Bishnupriya Manipuri · Bosnio · Basco · Inglés sinxelo · Islandés · Luxemburgués · Albanés · Xeorxiano · Bengalí · Azerí · Bretón · Ido

____________________________________________________________________

Galipedia

A Galipedia é o nome co que se coñece a Wikipedia en galego. Botou a andar o 8 de marzo de 2003 e ten agora mesmo 44.961 artigos. Para unha relación dos acontecementos que foron sucedendo nesta Galipedia véxase: Wikipedia:Actualidade; para as estatísticas véxase: Especial:Statistics ou Wikipedia:Estatísticas.

A idea da Galipedia é a de ter, en galego, unha enciclopedia colaborativa coa que afondar no coñecemento. Para o mesmo, a Galipedia:

  • Está aberta á colaboración de todo o mundo.
  • Está aberta ás diversas correntes de pensamento, sempre que non sexan agresivas coas demais.
  • Está aberta a todos os temas.
  • Está sendo renovada constantemente.
  • Está en continuo crecemento.
  • Está en contacto coas outras wikipedias para mellorar dun xeito continuo.
  • Está aberta ao uso por calquera persoa que dispoña de acceso a internet, nas condicións de uso da GNU Free Documentation License.

Respecto a algúns datos sobre as celebracións do artigo número 20.000, véxase a páxina Wikipedia:20.000 artigos.