lunes, 27 de octubre de 2008

Engadir música de fondo ó Blog

Ainda que non se trata dunha boa decisión dende o punto de vista da navegabilidade e calidade dun blog, moitos usuarios optan por engadir unha ou varias pistas de sonido que se reproducen de forma automática en canto carga a páxina.

Existe unha opinión unificada en tanto en canto a mellor opción é que de porse música exista a opción de activala por conta do navegante antes de que ser un feito programado, pois en ocasiones pode molestar o confundirse con outras melodías, especialmente neste tempos de navegación de pestañas.

Pese a todo, se optas por facelo, hai moitas formas de afrontar o problema, ainda que na maioría dos casos o procedemnete é o seguinte.
  1. Aloxar o arquivo sonoro nalgún espacio da rede.
  2. Crear un intérprete web que permita reproducir o sonido (é dicir, un programa que converta os datos en sonido, comopodería facer por exemplo o shockwave flash ou un reproductor multimedia)
  3. Insertar o código html adecuado no blog.

Este procedemento, pese a ser sinxelo require un certo nivel de coñecemento e habilidade, así como a disposición dun espacio en donde aloxar o sonido.

Como vivimos nos tempos das redes sociais e a web 2.0... Que mellor forma que evitarnos parte de traballo utilizando os recursos que outros usuarios comparten? De ese modo, lugares como youtube e similares poden ser utilizados para proveernos de mil e unha fontes sonoras.

Iso é máis ou menos o que nos permite facer un servicio web gratuíto chamado My Flash Fetish (o meu fetiche Flash), que nos permitirá escoller a música desexada e nos proporcionará o intérprete e os códigos necesarios para darlle vida sonora ó noso blog, ben de forma automática ou de forma seleccionada polos nosos visitantes virtuais.

Case sinalar novamente que hai outras formas de facelo, amplamente discutidas e facilmente atopables utilizando os buscadores máis habituais.

jueves, 23 de octubre de 2008

Actividades TIC 03

  1. Revisa detenidamente a definición de "Wiki" que atoparás na Wikipedia. Nela atoparás información moi interesante sobre o termo e o seu concepto.
  2. O día 22 de Outubro os alumnos de bacharelato foron convocados á folga como medida de protesta contra o Plan Boloña/Bolonia e o denominado Decretazo Educativo. Folga amplamente apoiada polo alumnado deste centro. Busca información sobre a convocatoria, e sobre o seguemento e resultados da folga, utilizando os medios de comunicación que proporciona a rede, e escribe unha reflexión personal e propia no teu Blog acompañada dos enlaces e documentación que creas oportuna, xa sexa como hipervínculos ou como reseñas.
  3. Entra nos Blogs dos teus compañeiros de clase e opina respecto ós textos que eles publiquen e expresa o teu punto de vista.

Nota importante: Garda a debida corrección formal, gramatical e sintática á hora de expresarte nas actividades propias da asignatura. Recorda tamén que podes facelo utilizando o Galego ou o Castellano.

Exemplos de enlaces informativos.

A continuación tres enlaces calesquera sobre o polémico Plan, ten en conta que tes que contrastar as fontes antes de otorgarlle a debida credibilidade.

Video explicativo sobre o Plan en clave de humor


Blog "Universidad Crítica"


Entrada da Wikipedia correspondente
(nótese que o tema está sendo correxido e debatido entre os propios usuarios)

lunes, 13 de octubre de 2008

Exemplos de publicacións

Exemplo de video enlazado dende Youtube




Exemplo de álbum enlazado dende Picasa

Baroña

viernes, 10 de octubre de 2008

Actividades TIC 02

Descargar e instalar o navegador web Mozilla Firefox

Explorar as posibilidades da navegación mediante separadores (pestañas) e o uso das listaxes de marcapáxinas (marcadores), dentro do seu menú e máis na barra de marcapáxinas.

Explorar as posibilidades que ofrecen os complementos feitos por terceiros, en Ferramentas -> Complementos. Como por exemplo a navegación virtual por imáxenes que nos ofrece o complemento Cooliris.

Crear un album web no sitio web Picasa

Vincular o album ó Blog persoal mediante o gadget correspondente.

lunes, 6 de octubre de 2008

Actividades TIC 01

O que hai que realizar na primeira actividade é crear unha conta de gmail coa seguinte fórmula

NOME1ºAPELIDO.BARRANHA

Logo hai que crear un Blog persoal en Blogger, sistema de Blogs vinculado a Google, coa seguinte fórmula

NOME1ºAPELIDOBARRANHA

Unha vez feito o Blog, hai que configurar o seu deseño, engadir polo menos dous "gadgets" e crear unha entrada que recolla os emails dos compañeiros da clase, e outra que recolla as direccións dos Blogs de cada un deles.