- Revisa detenidamente a definición de "Wiki" que atoparás na Wikipedia. Nela atoparás información moi interesante sobre o termo e o seu concepto.
- O día 22 de Outubro os alumnos de bacharelato foron convocados á folga como medida de protesta contra o Plan Boloña/Bolonia e o denominado Decretazo Educativo. Folga amplamente apoiada polo alumnado deste centro. Busca información sobre a convocatoria, e sobre o seguemento e resultados da folga, utilizando os medios de comunicación que proporciona a rede, e escribe unha reflexión personal e propia no teu Blog acompañada dos enlaces e documentación que creas oportuna, xa sexa como hipervínculos ou como reseñas.
- Entra nos Blogs dos teus compañeiros de clase e opina respecto ós textos que eles publiquen e expresa o teu punto de vista.
Nota importante: Garda a debida corrección formal, gramatical e sintática á hora de expresarte nas actividades propias da asignatura. Recorda tamén que podes facelo utilizando o Galego ou o Castellano.
Exemplos de enlaces informativos.
A continuación tres enlaces calesquera sobre o polémico Plan, ten en conta que tes que contrastar as fontes antes de otorgarlle a debida credibilidade.
Video explicativo sobre o Plan en clave de humor
Blog "Universidad Crítica"
Entrada da Wikipedia correspondente (nótese que o tema está sendo correxido e debatido entre os propios usuarios)


No hay comentarios:
Publicar un comentario