Con esta actividade iniciamos unha serie de traballos nos que explorar as posibilidades gráficas do ordenador.
Utilizaremos o Inkscape como ferramenta.
O primeiro traballo consistirá en realizar o deseño dun logotipo orixinal (nada de copias). No logotipo terá que aparecer de algún modo o nome do autor ou autora.
O logotipo pode referirse a calquera tipo de cousa, pode ser unha tenda imaxinaria, un negocio, un produto, unha banda de rock,... o que queirades.
Iso si, debe ser elegante, funcional e comprensible, crear unha imaxe de marca, todas esas cousas.
Unha vez realizado, publicarase no blog personal baixo un título igual ó de esta entrada.
O traballo é individual.
Recursos para utilizar no traballo:
Foxit PDF Reader. Lector de arquivos PDF alternativo ó máis pesado Adobe Reader.
Banco de imaxes. Un espacio web do Ministerio de Educación e Ciencia que nos ofrece miles de imaxes vectoriais e de mapa de bits (asemade, sons e incluso vídeos) libres de dereitos de autor para que poidades empregar do xeito que máis os guste.
De logo a logo. Manual sobre o uso de Inkscape e centrado sobre as súas posibilidades no campo do deseño de logotipos realizado por Joaclint Istgud.
Brandnew. Páxina en inglés que amosa os cambios nos deseños dos logotipos de innumerable empresas, grupos, comercios, etc... ó longo do tempo.
Brands of the World. Páxina en inglés que recolle innumerables logotipos de marcas de todo o mundo. Se presentan vectorizadas e listas para usar.
Os 10 mellores logotipos nunha banda de rock segundo a revista Rolling Stone.
Vectors for Free. Unha extensa colección de imáxenes vectoriais gratuítas para empregar nas vosas creacións. En inglés.
Logotypes. Outra páxina repleta de logotipos das principais marcas do mundo. É unha páxina rusa, pero poño o enlace á súa versión en inglés. Xa ten os seus anos.
LETRAMANIA. Miles de tipos de letra para descargar de forma gratuíta.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)


No hay comentarios:
Publicar un comentario