viernes, 27 de marzo de 2009

Entrega de traballos segunda avaliación

A data límite para entregar os traballos é o martes 31 de marzal.

A medida que vaiades entregando os traballos, deixade un comentario con voso nome e os traballos entregados nesta entrada do blog.

martes, 17 de marzo de 2009

Traballos da segunda avaliación

Ola. Vou facer un pequeno resumo dos traballos que tendes que realizar e publicar no voso blog para puntuar positivamente nesta segunda avaliación do curso. Organizadas polo programa informático a utilizar. En cada traballo haberá un enlace que ó premer nel levaravos á entrada do blog correspondente. Lémbrovos que se tratan de traballos individuais.

INKSCAPE. Editor de gráficos vectoriais.


Trátase da elaboración dun logotipo ou marca, orixinal, nada de copias, no que apareza dalgún modo o nome ou alcume do autor o autora. O logotipo pode ser o dunha tenda real ou imaxinaria, dalgún equipo deportivo, dunha compañía, dun modelo de vehículo... o que queirades. Iso si, coidando sempre a composición, colores e presentación na medida do posible. O deseño debe ser tamén lexible, funcional e elegante.

Publicarase no blog de cada un en forma de imaxe de mapa de bits, colgada nunha entrada como se fose unha imaxe calquera.

Tamén se publicará na mesma entrada un enlace ó arquivo orixinal .svg, empregando para elo calquera dos recursos de almacenamento que saibades utilizar.



AUDACITY. Editor de son.

  • Simulación dun programa radiofónico. Trátase de crear un arquivo de audio no que intercale música ou algún tipo de son, cunha narración gravada pro vós mesmos, de xeito que cando faledes baixe o volume do fondo sonoro, e cando caledes, o fondo sonoro recupere a súa presenza. Un pocuco ó xeito de facer das locucións radiofónicas.
  • Mestura de Son. Trátase de combinar dous ou máis sons para construir un arquivo final no que todos soen de forma máis ou menos harmoniosa, creando un son novo composto de varios. tentade evitar a cacofonía, e usade a creatividade.
  • Traballo libre. Poñede a proba a vosa creatividade. utilizando as mezclas de diversos sons, locucións narradas e filtros do programa, experimentade para crear un arquivo de son novo e interesante. Podede xogar co tono, o volumen, os ecos, o timbre e todas esas cousas.
Para publicar o traballo no blog deberedes almacenar o arquivo sonoro e o arquivo do audacity nalgún lugar da web. Outra posibilidade é incluír os sons nun reproductor de medios (como o que puxo algunha xente no seu blog para que soe música) para escoitalo dende ese espacio. Fagades o que fagades, deberedes incluír unha descripción do método empregado na no texto que poñades para publicar a actividade.



GIMP. Editor de imaxes de mapa de bits ou rasterizadas.

Unha vez vistos os tutoriais e coa capacidade de utilizar o programa, ainda que sexa de forma rudimentaria, afrontaremos as diversas actividades.

As imaxes deberán ser colgadas no blog cunha breve explicación do feito, aportando sempre as fotos ou imaxes orixinais e logo a foto ou imaxe final. Todo ben explicado e sen posibilidade de confusión.

As imaxes deberán ser tamén dunha calidade e tamaño suficiente, non poidendo baixar de 400 píxels de tamaño nalgún dos seus lados.

  • Retoque dunha fotografía. Trátase de modificar parte ou a totalidade dunha fotografía ou imaxe dixital, presentándo a imaxe orixinal e a modificación unha ó lado da outra, para que se fagan ben visibles os cambios.
Algunhas suxerencias de traballos: Cambiar o aspecto dunha persoa cambiando o color dos ollos e do pelo, maquillándoa, cambiando o peiteado, ou incluso facéndoos unhas fotos cos vosos amig@s e probando a intercambiar as caras ou as cabezas, etc... Na páxina worth1000 tendes milleiros de exemplos de modificacións feitas a fotos. Non teñen por qué sair seres vivos necesariamente na imaxe. Pedras, árbores, obxectos,... todo é válido.

  • Creación dunha composición con persoas. Neste exercicio é recomedable utilizarvos a vós mesmos como suxeitos na imaxe, é decir, que saiades vós na imaxe, ainda que quen non queira pode utilizar a outra persoa. Sexa como sexa, ha de facerse cunha persoa. o que hai que facer é "recortar" a esa persoa e incluíla de forma que quede perfectamente integrada, en outra imaxe allea á orixinal.
Algunhas suxerencias de traballos: Unha imaxe na que estades nun entorno no que non estábades na foto orixinal, ou no que non pode sequera vivir un humano, como na lúa, no lume, nunha alta montaña, nun lugar exótico... outra suxerencia podería ser inlcuirvos nunha foto dun grupo de persoas co que non estabades, como por exemplo unha manifestación ou un acto público famoso. Outra posibilidade podería ser xogar coa escala de modo que parezades máis pequenos (como unha fada, por exemplo) ou máis grandes (como Godzuilla ou King kong, por exemplo), e vos integredes co entorno, pasando por riba dos edificios,... subidos na palma da man de alguén, ou cabalgando un paxaro,.. As posibilidades son infinitas. Adiante a esa creatividade.

lunes, 2 de marzo de 2009

Worth 1000. Imaxes modificadas dixitalmente

Worth 1000 é unha web na que os usuarios publican manipulacións dixitais feitas en imaxes atendendo ós desafíos que a páxina propón cada certo tempo.

Así, os participantes realizan a súa imaxe segundo sexa o tema proposto, para colgala na web e os visitantes pregunten, puntúen, charlen, etc...

Aínda que a ferramenta que se usa case sempre é o photoshop, trátase dun programa de pago. Nós, nas TIC, apostamos polo sofware libre, por exemplo, O Gimp.

Algúns exemplos de desafíos pasados (os números queren dicir que xa houbo outras convocatorias anteriores). Nota: A propiedade das imaxes pertence ós seus respectivos autores e autoras:

Se as mulleres gobernasen nº-6





Manga real nº-8. Miss Manga Special



Lume nº-5



Pokemon nº-4


Quimeira nº9
(Tres criaturas nunha)

Na mesma páxina sole ser doado atopar recursos e titoriais de como se fan as modificacións, case sempre en inglés.

Hai innumerables exemplos, algúns mellores que outros, pero son un exemplo estupendo do que se pode acadar de forma amateur cun programa de modificacións de imaxes e unha rede social de contactos na rede.