INKSCAPE. Editor de gráficos vectoriais.
Trátase da elaboración dun logotipo ou marca, orixinal, nada de copias, no que apareza dalgún modo o nome ou alcume do autor o autora. O logotipo pode ser o dunha tenda real ou imaxinaria, dalgún equipo deportivo, dunha compañía, dun modelo de vehículo... o que queirades. Iso si, coidando sempre a composición, colores e presentación na medida do posible. O deseño debe ser tamén lexible, funcional e elegante.
Publicarase no blog de cada un en forma de imaxe de mapa de bits, colgada nunha entrada como se fose unha imaxe calquera.
Tamén se publicará na mesma entrada un enlace ó arquivo orixinal .svg, empregando para elo calquera dos recursos de almacenamento que saibades utilizar.
AUDACITY. Editor de son.
- Simulación dun programa radiofónico. Trátase de crear un arquivo de audio no que intercale música ou algún tipo de son, cunha narración gravada pro vós mesmos, de xeito que cando faledes baixe o volume do fondo sonoro, e cando caledes, o fondo sonoro recupere a súa presenza. Un pocuco ó xeito de facer das locucións radiofónicas.
- Mestura de Son. Trátase de combinar dous ou máis sons para construir un arquivo final no que todos soen de forma máis ou menos harmoniosa, creando un son novo composto de varios. tentade evitar a cacofonía, e usade a creatividade.
- Traballo libre. Poñede a proba a vosa creatividade. utilizando as mezclas de diversos sons, locucións narradas e filtros do programa, experimentade para crear un arquivo de son novo e interesante. Podede xogar co tono, o volumen, os ecos, o timbre e todas esas cousas.
GIMP. Editor de imaxes de mapa de bits ou rasterizadas.
Unha vez vistos os tutoriais e coa capacidade de utilizar o programa, ainda que sexa de forma rudimentaria, afrontaremos as diversas actividades.
As imaxes deberán ser colgadas no blog cunha breve explicación do feito, aportando sempre as fotos ou imaxes orixinais e logo a foto ou imaxe final. Todo ben explicado e sen posibilidade de confusión.
As imaxes deberán ser tamén dunha calidade e tamaño suficiente, non poidendo baixar de 400 píxels de tamaño nalgún dos seus lados.
- Retoque dunha fotografía. Trátase de modificar parte ou a totalidade dunha fotografía ou imaxe dixital, presentándo a imaxe orixinal e a modificación unha ó lado da outra, para que se fagan ben visibles os cambios.
- Creación dunha composición con persoas. Neste exercicio é recomedable utilizarvos a vós mesmos como suxeitos na imaxe, é decir, que saiades vós na imaxe, ainda que quen non queira pode utilizar a outra persoa. Sexa como sexa, ha de facerse cunha persoa. o que hai que facer é "recortar" a esa persoa e incluíla de forma que quede perfectamente integrada, en outra imaxe allea á orixinal.


No hay comentarios:
Publicar un comentario