Na linguaxe audiovisual existe de igual forma unha sintaxe, unha serie de normas e convencións desenvolvidas ó longo dos anos dende a aparición do cinematógrafo ata os nosos días.
Aínda que non sexamos conscientes, centos, ou miles de horas de TV, películas e debuxos animados fan que xa coñezamos en maior ou menor medida esa linguaxe, e pode que non nos demos conta, pero calquera persoa coñece en maior ou menor medida esta linguaxe.
FUNDAMENTOS.
A unidade mínima da linguaxe audiovisual, equivalente ás letras na escrita, é o fotograma. É unha única imaxe estática que recolle certa información. Tamén se lle chama frame ou cadro.
Cando varios fotogramas están seguidos e constitúen unha unidade lóxica de acontecementos ó longo do tempo (é dicir, varios fotogramas seguidos, como por exemplo ó gravar cunha cámara) estamos falando dun plano. O equivalente na escrita sería a palabra.
Varios planos seguidos relacionados entre si forman unha secuencia. Na escrita sería unha frase.
Os planos organízanse nunhas estruturas maiores vinculadas mediante o concepto do tempo (transcorren unha a continuación da outra) ou no espacio (transcorren no mesmo lugar) que chamamos escenas. O equivalente literario sería o capítulo.
Moitas escenas organízanse dando formato a unha película, unha curta, un mediometraxe, longametraxe,... unha obra audiovisual en suma, dependendo da súa duración. O equivalente narrativo é o libro, a novela, o relato, etc...
Tamén poden organizarse varias obras como relacionadas entre sí, dando lugar a bilogías (dúas obras, por exemplo Gremlins), trilogías (tres obras, por exemplo O Señor dos Aneis ou O Padriño), tetralogías (catro obras, coma Indiana Jones ou Rambo), pentalogías (cinco obras),... ou mesmo sagas ou franquicias (Batman, James Bond, O planeta dos Simios,...) sen estructura inicial pechada.
O PLANO.
O plano pode entenderse como unidade temporal e tamén como unidade espacial:
- Como unidade temporal é un fragmento da rodaxe ininterrompida dende que se preme o botón da cámara até que se volve soltar.
- Como unidade espacial tende a confundirse co encadre, é dicir, é o espazo delimitado dentro do campo de visión da cámara.
Esta distancia pode ser real ou ficticia, dado que as lentes que existen na actualidade (zoom, teleobxectivos, angulares, etc.) permiten aproximar o obxecto sen necesidade de aproximar a cámara.
Non obstante, cómpre ter en conta que un plano de aproximación obtido mediante un recurso óptico (aumentando o zoom) non é nunca idéntico ao que se obtén mediante o desprazamento da cámara (o chamado travelling ou desprazamento).
TIPOS DE PLANOS. (De máis a menos)
Os encadres están medidos en relación co tamaño do ser humano e o entorno ou espacio que ocupa. Cando non hai seres humanos na acción, o protagonista da acción determinará o tipo de plano.
Gran plano xeral ou Plano Panorámico (GPX) ou (P Pan):
O espazo representado é moi amplo. Ten un carácter descritivo.
Amósanos o espazo físico onde se vai desenvolver a acción.
Plano xeral (PX):
É o que nos ensina a figura humana completa en relación co espazo que a rodea ou con outras persoas. Chámase tamén plano de conxunto ou enteiro.
Plano americano ou tres cuartos (PA):
Presenta a figura humana cortada polos xeonllos. Chámase americano porque era o máis frecuente nos westerns, para amosar o vaqueiro coas súas pistolas ao cinto. É o característico das películas de acción porque permite observar o movemento dos personaxes ao mesmo tempo que distinguimos claramente a súa identidade.
Plano medio (PM):
Corta a figura humana polo peito. Úsase con frecuencia para mostrar máis dunha persoa en escena e, sobre todo, para as conversas ou diálogos.
Primeiro plano (PP):
Recolle a cabeza ou outra parte do corpo ou dos obxectos tomados desde cerca. Remarca a presenza do actor e sinala a expresividade, por iso é tamén denominado plano psicolóxico.
Primeirísimo primeiro plano ou plano de detalle (PPP) ou (PD):
Subliña unha parte do actor ou un pequeno obxecto e remárcao extremadamente ao aumentar na pantalla o tamaño real do filmado. É un plano enfático, é dicir, orientado especialmente a destacar algo que doutro xeito podería pasar desapercibido.
O PLANO SECUENCIA:
É o que se roda sen interrupción recollendo nel, durante un tempo inusualmente prolongado, os movementos dos actores, sons diferentes, mesmo distintos lugares. Neste plano-secuencia o tempo real coincide co tempo cinematográfico. Preséntanos a realidade sen montaxe.
Por tanto refírese máis a un elemento técnico da produción que a un tipo de encadre da acción.
Por suposto, obriga a planificar e coregrafiar toda a acción da secuencia de forma moi exhaustiva, pois o menor erro de calquera pode botar abaixo o traballo de todos.
O PLANO SUBXECTIVO:
É cando a cámara úsase de modo que parece que son ollos dun personaxe concreto. É dicir, a cámara móvese de xeito similar a como movería a cabeza esa personaxe, de aí que se chame cámara subxectiva, porque está asimilada á mirada.
Ten a cualidade de facer ó espectador cómplice do que está vivindo a personaxe, pois durante un intre ambos comparten o mesmo campo visual. É obrigado sinalar que de esta maneira non vemos o corpo da personaxe a menos que este se mire nun espello, poña as mans diante da cara, etc...
Tamén se chama vista en primeira persoa, especialmente en ámbitos como os videoxogos como os shooters ou os de carreiras de vehículos a motor.
ÁNGULOS DE CÁMARA:
Paralelo:
Cando a cámara está á mesma altura que os ollos do personaxe ou do obxecto filmado, independentemente de que este se sitúe de pé, deitado, etc.
Picado:
Cando a cámara inclínase cara abaixo en maior ou menor medida. Fai que as personaxes representadas parezan máis febles, solitarias e indefensas, pois as vempos dende arriba, como veríamos a un neniño pequeno.
Contrapicado:
O contrario do caso anterior. Nesta ocasión encadramos a cámara dende un punto máis baixo que o obxeto ó que apuntamos, sendo o efecto máis forte canto máis grande sexa a diferencia do plano horizontal. O contrapicado dalle un aire de poder e suprioridade aó que filmemos, pois parece como si nesta ocasión o ollo da cámara fose dun neno pequeno mirando cara arriba a un adulto.
MOVEMENTOS DA CÁMARA:
A PANORÁMICA:
É cando a cámara xira sobre o seu eixo, horizontal ou vertical, pero sin desprazarse do sitio.
É un movemento indicado para seguir as evolucións dun suxeito ó longo dun escenario, para amosar o propio escenario, etc...
Equivale a estar parado nun sitio e mover a cabeza dun lado a outro.
O TRAVELLING:
É cando a cámara desprázase ó longo do escenario. Habitualmente e nas producións profesionais faise movendo a cámara sobre uns raíles similares as vías do tren, ou usando grúas e aparellos similares.
É un movemento ideal para introducir ó espectador na acción, pois a cámara móvese polo escenario tomando un papel activo.
Equivale a que unha persoa se mova polo mundo.
O CABECEO.
Este movemento da cámara consiste en tumbar a cámara respecto a vertical, como se movésemos a cabeza tentando de tocar coa orella no hombro.
O ESPAZO FORA DE ESCEA (OFF THE RECORD):


12 comentarios:
No meu blog xa hai unha entrada cos distintos tipos de planos e con imaxes correspondentes a cada un.
Judit Laiño
xa subin as fotos dos planos
Adrian Batalla
Xa teño publicadas as fotos
Xa publiquei as fotos no blog
Pascual xa correxin as ftos que tiña mal no blog, si ques pasate a miralas.
un saludo
ola pascual
son michael
xa puxen os tipos de plano no blog
saudos
profe eu xa tiña as fotos desde tempo pero non sabía que che había que deixar un post
Bueno Berta, aínda estás a tempo de poñelas.
Lembrade que o plazo remata o luns 22 ás 12 da mañá para calquera cambio que queirades facer.
Pero avisádeme, que si non non o sei.
Juan Carlos Sánchez 1ºB
A correccion do traballo dos planos está no principio do blog correxida
ola pascual!
Xa correxin os tipos de planos que estaban mal.Podes pasarte por ahí para ver si ahora esta ben.
Juan Carlos Sánchez 1ºB
O traballo da wikipedia está no blog tamén.É unha traducción de galego a castelán dos tonechos.Para encontralo na wikipedia en castelán hai que poñer no buscador Os Tonechos.
Xa teño os planos no blog
Publicar un comentario