martes, 9 de junio de 2009

Música sen copyright

En numerosas ocasión vémonos na necesidade de engadir música ós nosos traballos ou producións, e a tentación de empregar melodías de actualidade ou dos nosos grupos favoritos é moi alta, pois ó fin e o cabo, é a música que nos gusta.

Nambergantes, dita música está practicamente sempre suxeita a unha serie de dereitos que protexen a propiedade intelectual, o que nos obrigaría a pagar unha serie de costas ou royalties, ou mesmo a ser denunciados, se difundimos a nosa creación.

Iso sucede porque os artistas están protexidos por unha serie de entidades de xestión dos dereitos de autor, como a arquicoñecida SGAE, que se encargan de rastrear os eventos provistos de música para asegurarse de que pagan as taxas correspondentes.

A mellor solución para evitar estas cousas é utilizar música libre de dereitos de reprodución. No mundo hai milleiros de músicos, a veces de gran talento, que non están vinculados a discográficas ou simplemente teñen o interese de distribuír a súa música libremente e cobrar polas actuacións en directo.

As licencias que cobren estas músicas van dende cobros realmente simbólicos a acordos copyleft ou creative commons.

Vale moito a pena bucear un pouco en busca de temas musicais que non teñen nada que envidiar ós que xa coñecemos. e de paso nos culturizarmos musicalmente un pouco máis.

Algunhas direccións populares dende onde comezar a buscar son as seguintes.

JAMENDO
A páxina en castelán máis popular.

FREE PLAY MUSIC Ten artistas e tamén efectos de son.

ROYALTY FREE MUSIC Aquí os músicos regalan mostras de pouca calidade e cobran precios simbólicos (para unha productora, claro) por usar os séus temas.

3 comentarios:

Batalla dijo...

Pola entrada borrada na galipedia por incumplir as normas teño que publicar outra?

Pascual Vidal González dijo...

Sí. Pero os cometarios fainos no apartado correspondente, home.

Neste caso, na entrada disposta a tal efecto, como aprimeira vez que o pedín.

Un saúdo.

Batalla dijo...

Cando podas pasate a ver os traballos feitos no blog e as correcions que me mandastes.