viernes, 19 de junio de 2009

Resultados académicos Xuño 09

Ola.

Paso a poñer unha relación dos resultados académicos do alumnado de TIC, non sen lembrar que o luns 22 ás 12 horas da mañá remata o prazo para poder entregar ou mellorar algún traballo.

Quen queira aproveitar este prazo ampliado con respecto á entrega oficial do mércores 17, deberá deixar un enlace nos comentarios desta entrada do Blog. Ningún outro medio será atendido (que parece que teño que preocuparme eu de rastrear os vosos traballos pola rede só porque vos da pereza ler as instruccións de entrega que sempre poño)

Como matización xeral engadir que estou tremedamente decepcionado co conxunto da clase na súa maioría e que sinto que me estades a tomar o pelo, perdendo o tempo cos trivialidades propias da vosa edade (fotolog, facebook, tuenti, etc...) en vez de traballar no que se pide; chegando tarde a clase, sempre buscando excusas, non lendo os artigos que vos publico (por non ler, nin ledes as instruccións dos traballos) e sen amosar o máis mínimo interese.

En canto aos resultados obtidos. Fai dous días xa que visitei os blogs de cada quen poñendo comentarios nos apartados de cada traballo. Así que visitade o voso espacio para saber se tendes problemas con algún traballo.

Outra cousa importante. Percateime que algunha xente publicou de repente traballos da segunda avaliación, supoño que coa intención de recuperar, sen mención algunha e sen respetar as condicións de publicacións ou sen informarme. Aunque aplauda a iniciativa, se non me informades expresamente da publicación dos mesmos e cumplides exactamente as condicións de publicación, eu non vou a correxir nada. Non podo estar cada día facendo o tour dos blogs dos alumnos a ver qué cousas novas decidiron modificar sen avisarme só porque sodes preguiceir@s. Avisados estades, correde a voz entre os compañeiros que logo non quero sorpresas ou queixas.

(Decir que tanto mércores, xoves como venres estiven no instituto prácticamente todo o día a disposición dos alumnos e sómentes uns poucos aproveitaron a ocasión)




O traballo de Timelapse ou StopMotion.
Os autores non os digo, cada quen xa sabe que traballo fixo. Direi o título do traballo e o número de compoñentes do grupo.




Tarde de Sol (dúas personas): Un Timelapse dende a ventana dun fogar.

Problemas atopados:

A imaxe aparece quemada case na totalidade do traballo por un exceso de luz ao non adapatar a webcam para o exterior (as webcams integradas están por defecto preparadas para traballar con pouca luz, si non se axustan, as imaxes pasan por sobreexpostas). Deste xeito, os cambios que poderían producirse na imaxe, por exemplo o movemento das nubes, é invisible, dando lugar a unha larga secuencia de fotos nas que non sucede ningún cambio digno de mención, sendo aburrido porque tampouco ten nin música nin títulos nin créditos.

Conclusión. Traballo moi pobre, especialmente sabendo que é un proceso automatizado no que o autor só ten que enfocar e pulsar un botón. Insuficiente.


Bolos. (tres personas): Un Stop Motion simulando o lanzamento de birlos.

Problemas atopados.

O número e calidade das imaxes é bastante pobre, dando lugar a unha animación a saltos, temblorosa e sin un hilo narrativo (non conta nada). Ao usar o movie maker para realizalo conta con banda sonora pero non con efectos de sonido.

Perdense a posibilidade e o xogo que pode dar a interelación duns birlos coa bola, que podería haber dado unha boa serie de escenas cómicas. probalmente debido á falta de planificación e ao pouco tempo adicado ao traballo.

Conclusión: Un traballo rudimentario, breve e feito á presa e con desgana que dende logo non xustifica o número de persoas integrantes.

Nota: Suficiente raspado.

PD: O meu trípode!




Hot Pursuit. (catro personas): Un Stop Motion duns coches de xoguete que recorren a toda velocidade o instituto.

Problema atopados.

Ainda que é un dos mellores traballos entregados ata o momento ten unha serie non despreciable de fallos. Para empezar carece de sonidos ou música que animen o espectáculo, perdendo bastante das posibilidades que ofrecía. por outra banda a historia é un pouco confusa, dando a impresión de ser improvisada e cambiada sobre a marcha. Estos problemas se agravan ao ser catro personas as responsables do proxecto, dando a entender que a organización e reparto de tarefas foi deficiente. Algunhas imaxes amosan reflexos dos membros do grupo, hai que coidar esos detalles.

Conclusión: Un traballo que acusa gravemente o silencio, sendo unha peza con moitas posibilidades sonoras desaproveitadas. Non obstante, brinda algúns planos e secuencias moi interesantes e ten unha animación aceptable, ainda que falamos do esforzo teórico conxunto de catro personas, o que eleva o listón de esixencia.

Nota: Ben alto.



Un día redondo. (dúas personas) Un Stop Motion de imaxes retocadas que non conta a historia dun home que... a verdade e que a historia non se entende moio, pero hai donuts de por medio.

Problemas atopados. Faltas de ortografía. Tendes que aprender a escribir dunha vez, que xa sodes maoires de abondo. (Haber é do verbo haber, e a ver, separado, do acto de empregar a vista ou anticipar algo)

Desaproveitase o espíritu do stop motion, pois excepto no momento do mordisco ao donut ou do desprazamento do individuo pola rúa o resto dos planos podería ser grabado con vídeo, pois son accións cotidiáns lineais sen misterio ningún feito con seres humanos. A gracia de stop motion é usalo para facer cousas que doutro xeito non se poderían facer. Ademáis, os planos se repiten un día e outro case calcados, seguendo unha rutina centrada no desayuno e en atopar 2o euros na rúa quegarda unha remota relación cun vello anuncio da tv, cun final confuso e inconcluyente (o tipo bota as mans á cabeza simultáneamente ó robo, e a caixa de dónuts é doutra variedade aos amosados). Quen queira que non vese o anuncio anteriormente citado non entendería nada da historia, e aínda así...

Ao usar o movie maker só ten banda sonora e non efectos. E os textos ocupan máis tempo da metraxe que as imaxes propiamente ditas.

Conclusión: Unha historia atropellada e pouco comprensible, que con unha estética moi interesante podería haber chegado a máis se houbese máis planificación. As faltas de orotografía e redaccións son imperdonables.

Nota: Ben.




Pingus. (dúas personas). Stop Motion que narra a desembarco duns pingüinos que custodian o último anaco de xeo do mundo.

Problemas atopados. A historia, que ía ser feita con disfraces cambio para converterse nun traballo con plastilina, o que non é necesariamente malo (case o prefiro así), pero fala da pouca planificación previa. A historia consta dun único plano secuencia enfocado dende arriba que fai que non haxa variedade nin ritmo, agás de que o picado maximiza a sensación de indefensión dos animais. Tampouco hai moita explicación do que levan e de que sucede, de forma precipitada, de xeito que si non te contan de que vai o asunto é probable que non o entendas. Unha breve introdución, ainda que fora en forma de texto, habería axudado máis.

Pero o máis grave problema é que en toda a historia aparece a sombra da persoa que tomou as fotos proxectada sobre o bonecos e o escenario. Sabendo esto, que non se volvese a fotografiar un traballo que pola súa estrctura indica que foi feito nunha única sesión fala de que non existía demasiado interés en solucionar un problema tan grave como evidente e a lei do mínimo esforzo imperante no grupo.

Conclusión. Unha boa idea mal aproveitada que resulta confusa por non ser demasiado clara. A estética é moi duvertida e interesante, pero se perde nunha acción moi veloz que case non permite saber qué é o que pasóu.

Nota: Ben.



Amor. (tres personas). Stop motion no que os protagonistas son os propios autores e unha misteriosa nota de papel.

Problemas atopados.

A animación é tosca e apresurada, con un número de fotos baixo. A historia non ten moito sentido e o desenlace é tan rápido que nin se ten tempo de ver o que sucedeu (deben ser tres ou catro fotogramas como moito, unha fracción de segundo) 145 fotos tomadas por tres personas usando o escenario do propio instituto e os corpos humanos de cada quen é moi pouca cousa tendo en conta a cantidade de tempodispoñible para a realización do traballo. E dende que desaparece unha persoaxe ata que se resolve todo son unhas 15 fotos. Un segundo que contén ¡¡tres planos!! Imposible de entender excepto si usas a cámara lenta ou eres un dos autores.

Engadir que non ten nin cabeceira, nin créditos, nin música, nin efectos de son.

Conclusión: Un traballo que como idea podería funcionar moi ben, pero que non foi levado á práctica con esforzo ou interese debido. Resultan interesantes as partes en que se moven os papeis (ainda que esa ponte máxica de cartón que aparece da nada non ten perdón de dios) ou nas que se escribe o texto (que case sae do papel). Pero a deficiencia dos restantes apartados bota todo por terra, encima sendo tres persoas a colaborar.

Nota: Insuficiente.



Ajedrez (non ten título): (catro persoas) Stop Motion dunha partida de xadrez na que as pezas cobran vida ou moevense por sí mesmas.

Problemas atopados.

Traballo sen título, entrada, efectos de son, créditos ou banda sonora algunha. Un único plano secuencia que coa cámara inmóvil recolle as incidencias dunha partida cada vez máis paresurada na súa resolución. Debería haber máis varidade de planos para darlle ritmo á historia e facela máis amena.

Dubido moito que os catro membros do grupo traballaran no proxecto, que a todas luces é perfectamente realizable por unha única persona cun trípode. Proxectos de catro personas non poden amosar as carencias que este amosa en canto á súa presentación.

O tamaño do video é diminuto (320 x 240) probablemente pro non haber atendido ás explicacións do uso do AnimatorDV.

Conclusión. Un traballo moi habitual, o combate representado no taboleiro dun xogo internacional. Unha animación correcta pero pouco creativa resulta nun producto inacabado non que non se percibe o traballo de catro personas.

Nota: Insuficiente.

Coido que non me queda ningún por publicar eiquí. A lo menos que me fose entregado.

Lembrade que o luns estarei ás 10:30 na aula de TIC si queredes entregar melloras nos traballos. As notas non son negociables se non ides a entregar nada novo.

Non é a mellor ocasión, pero xa que comecei saludando, me despido.

Unha aperta.

8 comentarios:

alex dijo...

ola nosotros vamos a ver si podemos meterle la musica el lunes.Aunque en principio queda el que te entregamos.Te pongo esto por si lo hacemos el lunes.

_··*·$LuCkY$·*··_ dijo...

BUENO NOS(MIGUEL,PILI, LUZ, SONIA) TAMEN VAMOS MELLORAR O NOSO TRABALLO DO STOP MOTION E LEVAMOSCHO O LUNES.

oscar dijo...

Cando podas revisa o meu blog que fixen cambios no que me dixestes.

_··*·$LuCkY$·*··_ dijo...

SON LUZ E PUXEN NO MEU BLOG OS PLANOS QUE ME FALTABAN

Batalla dijo...

Hola!Cando podas pasate a ver as modificacions que fixen no blog

DIEGOOOOOOOO dijo...

ola son diego, modifiquei o das fotos do blog
e bolbin a publicar o da galipedia

Judith dijo...

Ola, xa publiquei no meu blog o video de Time Lapse
Un novo traballo coas modificacions e correccións que me fixestes no outro,como por exemplo o da música e dos créditos.
Cando poidas pasate a revisalo.

Judith dijo...

por certo, que se me esqueceu, xa moidifiquei a mañan na clase o traballo dos planos.