A continuación vou a poñer un par de enlaces pertencentes a web 2.0 nos que poderedes amosar todo o voso potencial creativo.
Estou falando do Xtranormal, un creador de películas, e Fyrebug, un creador de xogos.
Con Xtranormal o lema é, se podes escribir m, poder facer unha peli. Utilizando unha serie de guións, dotarás de animación e vida a unha serie de persoaxes para poder facer posible a película, ou curta, ou chiste visual, que sempre estabas desexando narrar. Require rexistrarse.
Eiquí tes unha breve reseña do programa dende a páxina NEOTEO e de cómo utilizala, está en inglés, pero os monicreques poderán falar en diversas linguas. ¡Sí, poden falar!
Firebug é un entorno que nos permite personalizar unha serie de minixogos programados en flash, de modo que poderemos incluso liberalos na rede para que os nosos amigos o usen.
Eiquí tes a reseña extraída de NEOTEO, e se queres ir directamente ó choio, pulsa en Firebug, crear xogos. Ouch, tamén está en inglés.
Exemplo feito co Xtranormal: O dilema dun viciado ó "Word Challenge"
Exemplo feito co Fyrebug: TIC Balanza.
Fai medrar os Tics co rato e equilibra a balanza da cafetería de South Park.
Click here to make your own game on Fyrebug.com
Exemplo feito con Fyrebug: Tic Brick
Elimina aos malvados TICs coa túa supercabeza antes de que invadan a Galaxia.
Click here to make your own game on Fyrebug.com
Exemplo feito co Fyrebug: Tic Bunker
Defende a illa violeta do estrano ataque combinado dos Tics renegados, os pavos e as tartas.
Click here to make your own game on Fyrebug.com
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)


No hay comentarios:
Publicar un comentario