martes, 18 de noviembre de 2008

Pon a punto o teu Blog

Resumo das actividades requeridas para a calificación do teu blog persoal.

  • Primeiro había que darse de alta no servizo de google creando unha conta na súa rede Gmail. O protocolo a seguir no nome da conta é o de NomeApelido.Barranha. Pincha para ver a actividade.

  • Unha vez feito esto, creamos un blog usando unha plantilla usando o servizo Blogger. O protocolo para o nome do blog é NomeApelidoBarranha.blogspot.com. Pincha para ver a actividade

Hai que ter especial coidado á hora de utilizar a linguaxe correctamente, evitando abreviaturas e concepcións alleas á sintaxe do castelán ou do galego. Podedes utilizar tanto o galego como o castelán, pero é preferible usar sempre a misma lingua, sexa cal sexa.

  • Unha vez feito o Blog, o adecuamos ó noso gusto cambiando cores, plantillas, tipos de letra, etc... explora as posibilidades que ofrecen os gadgets para deixar o Blog como queiras. Tamén hai que usar a posibilidade de colocar imaxes ou álmbumes de imaxes, usando o Picasa. Pincha para ver a actividade.

  • Dentro do Blog tendes que crear unha entrada que recolla os enderezos electrónicos das contas gmail do resto dos vosos compañeiros, así como uns enlaces ós Blogs de cada un deles.

  • Hai que facer un traballo analizando a situación que provocou a Folga polo Plan Bolonia. É interesante que visitedes os blogs dos vosos compañeiros e compañeiras e deixedes as vosas opinións nas entradas que eles escriban. Pincha para ver a actividade
Recoméndase comezar a utilizar a rede como fonte de información a contrastar, dende usar feeds de noticias dos principais medios de comunicación, ata utilizar a Wikipedia como recurso enciclopédico interactivo.

  • Finalmente hai que facer unha entrada no blog co nome e a foto de cada compoñente que integra o ordenador, CPU, dispositivos de entrada, dispositivos de saída, dispositivos de almacenamento. Usa os diferentes buscadores e medios en línea para atopar esta información, apoiándote nas fotocopias da clase.

No hay comentarios: