TAG CLOUD ou Nube de Etiquetas é unha forma de organizar as etiquetas do teu Blog que é moi visual, facendo que as etiquetas máis numerosas sexan maiores en tamaño. Así un pódese facer unha idea visual e instantánea dos contidos do Blog, e navegar de forma máis accesible.
Se vos fixades neste mesmo blog, veremos a nube de etiquetas por encima da lista de etiquetas máis tradicional. ó lado dereito da páxina. Deixo as dúas postas para que vos fagades unha idea e escollades a que máis vos guste.
Para poner as etiquetas tradicionais non hai más que engadir o gadget "etiquetas" na ventaña "Deseño" do voso Blog.
Para facer a Nube, deixovos un enlace onde se explica. E ollo, que implica un mínimo, pero presente risco de facelo mal. Asegurádevos de facer a copia de seguridade da plantilla antes de facer cambios.
PD- Para modificar os valores RGB (Red, Green, Blue ou Vermello, Verde, Azul) do código, podedes mirar este enlace.
martes, 16 de diciembre de 2008
viernes, 12 de diciembre de 2008
Enlaces que poñen a túa creatividade a proba II
Seguimos con páxinas web que proporcionan servizos creativos (e gratuítos) cos que desenvolver contidos.
A seguinte páxina web é moi parecida a Xtranormal, ainda que ten un repertorio de personaxes, escenarios e efectos moito maior, e unha estética a medio camiño entre a banda deseñada (cómic) e a animación bidimensional flash típica da web.
Chámase GOANIMATE e hai que rexistrarse para poder recuperar as animacións. AQUÍ tes unha crítica feita nun famoso blog de redes sociais.
E aquí uns exemplos feitos por un servidor, no que din en chamar "humor conceptual".
A AVENTURAS DE MERDA (somentes para mentes adultas)
____________________________________________________________________________________
Unha aplicación similar é ANIMASHER, máis orientada cara o traballo con mapas de bits personalizados.
Eiquí a reseña.
____________________________________________________________________________________
E para finalizar, un programa que pode ser descargado para crear e animar personaxes feitos con unha especie de paus, STICKMAN, máis orientado cara o uso de gráficos vectoriais.
Neste caso non se trata dunha aplicación web, senón dun programa que hai que descargar e instalar.
Eiquí a reseña nun coñecido blog.

Etiquetas:
faino ti mesmo,
películas,
web 2.0,
xogos
martes, 2 de diciembre de 2008
Edición de imaxes con software libre

INKSCAPE
Trátase dun programa de edición e deseño vectorial que é de libre distribución, esto é, pódese utilizar de forma gratuíta. É un equivalente ó similar e famoso Corel Draw!. Unha boa ferramenta para deseños de diagramas, carteis, logotipos, etc...
Enlace á wikipedia
_________________________________________________________________

THE GIMP
Este é un programa de retoque fotográfico, deseñado para traballar sobre mapas de bits ou bitmaps. Tamén é de libre distribución, e pouco a pouco estase establecendo coma unha alternativa gratuíta ó popular Photoshop de Adobe.
Enlace á Wikipedia
Etiquetas:
blender,
gimp,
inkscape,
software libre
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)