Seguimos con páxinas web que proporcionan servizos creativos (e gratuítos) cos que desenvolver contidos.
A seguinte páxina web é moi parecida a Xtranormal, ainda que ten un repertorio de personaxes, escenarios e efectos moito maior, e unha estética a medio camiño entre a banda deseñada (cómic) e a animación bidimensional flash típica da web.
Chámase GOANIMATE e hai que rexistrarse para poder recuperar as animacións. AQUÍ tes unha crítica feita nun famoso blog de redes sociais.
E aquí uns exemplos feitos por un servidor, no que din en chamar "humor conceptual".
A AVENTURAS DE MERDA (somentes para mentes adultas)
____________________________________________________________________________________
Unha aplicación similar é ANIMASHER, máis orientada cara o traballo con mapas de bits personalizados.
Eiquí a reseña.
____________________________________________________________________________________
E para finalizar, un programa que pode ser descargado para crear e animar personaxes feitos con unha especie de paus, STICKMAN, máis orientado cara o uso de gráficos vectoriais.
Neste caso non se trata dunha aplicación web, senón dun programa que hai que descargar e instalar.
Eiquí a reseña nun coñecido blog.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)


No hay comentarios:
Publicar un comentario