TAG CLOUD ou Nube de Etiquetas é unha forma de organizar as etiquetas do teu Blog que é moi visual, facendo que as etiquetas máis numerosas sexan maiores en tamaño. Así un pódese facer unha idea visual e instantánea dos contidos do Blog, e navegar de forma máis accesible.
Se vos fixades neste mesmo blog, veremos a nube de etiquetas por encima da lista de etiquetas máis tradicional. ó lado dereito da páxina. Deixo as dúas postas para que vos fagades unha idea e escollades a que máis vos guste.
Para poner as etiquetas tradicionais non hai más que engadir o gadget "etiquetas" na ventaña "Deseño" do voso Blog.
Para facer a Nube, deixovos un enlace onde se explica. E ollo, que implica un mínimo, pero presente risco de facelo mal. Asegurádevos de facer a copia de seguridade da plantilla antes de facer cambios.
PD- Para modificar os valores RGB (Red, Green, Blue ou Vermello, Verde, Azul) do código, podedes mirar este enlace.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)


No hay comentarios:
Publicar un comentario