martes, 26 de mayo de 2009
Exemplos de Traballos
Un timelapse cunha exposición cada cinco segundos.
Outra timelapse, aínda que menos espectacular.
jueves, 21 de mayo de 2009
Timelapses. Intervalos de tempo.
A idea xeral é a de sacar unha foto cada certo tempo para recoller os cambios que teñen lugar no encadre nun espazo concreto de tempo, e poder velo de maneira acelerada.
O intervalo entre fotos pode variar o que queira o creador, dende 1 segundo para timelapses moi rápidos (como o movemento de nubes nunha tormenta) a fotos máis demoradas para rexistrar fenómenos máis lentos (como o xiro da terra reflexado no cambio de posición das estrelas no firmamento, ou as mareas).
O proceso posterior e preparativos son practicamente os mesmos que para o Stop Motion. Cámara fixa ou con movemento controlado (ideal mecanismos robotizados, como os dos telescopios), e fotos sacadas cunha cadencia concreta para despois ser encadeadas cun programa de edición de vídeo.
Como diferencia, co timelapse temos que ter en conta dúas cadencias.
O primeiro é o intervalo propiamente dito, como xa comentamos arriba, que é cada canto tempo se sacan as fotos.
O segundo é durante canto tempo permanece aberto o obturador da cámara, en caso de poder controlalo. Isto é especialmente importante en ambientes con pouca luminosidade, como fotos das estrelas ou do tráfico pola noite. Ou incluso de días se queremos que os obxectos ó moverse deixen unhas estelas de desenfoque que proporcionan unha estética moi especial a estas creacións.
Por suposto depende moito do equipo dispoñible o que imos poder conseguir. Ista técnica e moito máis esixente que o Stop Motion. curiosamente no Stop Motion o que fai que teña forza é a deseño da escenografía, os elementos, etc... e a cámara é menos importante. No timelapse os elementos xa os proporciona a natureza sen buscar demasiado, unha flor que se abre, o xeo derreténdose, as mareas, os ciclos astronómicos, as estacións,... e calquera elemento da paisaxe, como o tráfico ou as luces dunha cidade. Por suposto que o encadre e a elección do artista ou creador serán igualmente claves, pero posuír equipos de certa calidade, a posibilidade de poder xogar con lentes, intervalómetros, etc... é moi interesante.
Xa que mencionei o intervalómetro, pois é un aparello que permite ser programado para que lle diga á cámara como son os intervalos para facer as fotos automaticamente, sen ter que estar alí pulsando a cámara manualmente durante horas ou o que dure o timelapse. Tamén se pode controlar conectada a un ordenador con certos programas e rutinas, e de paso funcionar como sistema de almacenamento das fotos.
Importante. Tede en conta que a cámara vai a estar acendida durante moito tempo, exposta ó tempo e ós desaprensivos, necesitada dun suministro de enerxía e dunha forma de almacenar as decenas, centos ou miles de fotos que se van a facer.
Os resultados solen merecer a pena.
Marea en Praia Barraña.
Experimento de timelapse feito cunha modesta webcam dende a fiestra. O intervalo das fotos é de cinco segundos. A exposición non pode ser controlado ao ser unha webcam. A calidade é mala tirando a pésima por causas propias do medio técnico usado.
Stop Motion
O Stop-Motion, ou "paro e movemento", é unha técnica de animación moi estendida e popular.
Fundamentalmente consiste en encadear diferentes fotogramas que recollen pequenas diferencias entre si en tanto en canto ao movemento da cámara ou dos elementos da escena, polo que cando se proxectan a determinada velocidade se crea unha sensación de movemento máis ou menos fluída en función do número de fotogramas por segundo empregados.
Esta ilusión é posible gracias a unha propiedade da visión humana que se chama "persistencia retiniana". A persistencia retiniana fai que unha imaxe permaneza na retina uns instantes despois de que esta reciba o estímulo luminoso que a formou, facendo posible que as imaxes se mesturen en certo modo. E por iso, aínda que estamos vendo proxectadas unha serie de fotogramas independentes (24 cada segundo no caso do cine, ou 25 no caso da tele), o cerebro interpreta as imaxes como un movemento continuado.
Para facer o Stop-Motion en condicións é necesario superar a barreira dos 12 ou 15 fotogramas por segundo. doutro xeito a ilusión de movemento non será posible. Asemade canto maior sexa o número de fps representados tanto máis fluída será a animación, sempre que os movementos internos do fotograma ou do encadre non sexan demasiado bruscos, claro está.
Recorda que canto máis movas a cámara ou un elemento do plano con respecto ó fotograma anterior, máis rápida e brusca será a sensación de movemento producida.
Trucos para un Stop-Motion xeitoso:
- A cámara debe de ir pousada nun trípode para que a diferencia de encadre que se produciría o aguantar a cámara co pulso non cree unha ilusión de vibración. Se queremos simular un movemento de cámara deberemos mover a cámara cada fotograma moi levemente.
- A cámara debería tomar as fotos sen ningún automatismo, como por exemplo o balance de blancos. É moi interesante que utilicemos a cámara de fotos de forma manual, para que as decisións sexan tomadas por nós, non por unha máquina que quizá non saiba o que pretendemos (seguro que non, vamos). Así manteremos unha continuidade dun fotograma para outro que axudara a evitar parpadeos (flickering) e outros artefactos e defectos.
- Recorda: Movementos bruscos ou amplos darán sensación de velocidade, co risco de ser pouco harmoniosos. Movementos lentos darán a sensación de suavidade.
- A iluminación sempre foi moi importante en calquera tipo de produción audiovisual, pero neste caso é crucial. ten en conta que cada fotograma debe ser idéntico, ou moi similar, ao anterior. Doutro xeito, corremos risco de que parpadee a imaxe. E ollo, que a medida que avanza o día o sol varía a súa posición respecto a terra, e se tardamos de máis poderíamos romper a continuidade.
- Antes de sacar as fotos pensemos no destino final do video que crearemos. Se a resolución máxima dunha televisión PAL é de 720x576 puntos, non ten sentido que as fotos que saquemos teñan unha resolución de 2880x23054, verdade? Economía.
- A velocidade ideal é de 25 fotos cada segundo. Pero con 15 fotos por segundo xa podemos traballar, e nos aforramos fotos. Para calcular a velocidade para os movementos de cámara e dos diferentes elementos da escena, primeiro observa o movemento simulado na vida real. Se para mover un brazo necesitamos dous segundos, e imos a traballar a 15 fps, pois necesitaremos facer unhas 30 fotos para recoller ese movemento. A clave é a observación, como case sempre. E co tempo e a práctica iremos axustando cada vez máis.
Cando teñamos todas as fotos, non queda máis que unilas con algún programa de edición de video ou de animación, engadir os sons ou melodías, títulos, etc... e xa está.
É unha técnica moi doada, divertida e barata. Podemos animar plastilina, papeis, escritura nun enecerado, monicreques, bonecas, ata persoas ou sombras... a imaxinación pon o límite.
Exemplo de Stop Motion: VELOCIDERAS
Breve experimento de Pascual Vidal González.
Disque cando soa o timbre para rematar a xornada os corredores dos institutos son mudas testemuñas das máis endiabladas persecuciones.
Son xente con presa.
Son VELOCIDERAS.
lunes, 18 de mayo de 2009
Traballo de Animación.
Pulsa eiquí para saber máis sobre estas técnicas. (non dispoñible polo de agora)
O TRABALLO:
Necesitades crear grupos de entre dúas e cinco persoas. Canta máis xente participe no traballo, máis elaborado e complexo deberá ser.
Coma en todas as producións, existen tres fases que hai que seguir para elaborar un proxecto.
1ª FASE; PREPRODUCIÓN: (Antes do traballo)
A IDEA. Primeiro deberedes elaborar unha idea, un esbozo sobre o cal desenvolver o argumento e o guión. É moi importante que as produción teñan sentido e conten algo, ainda que sexa superficial. Sen guión ou argumento non iremos a ningures.
O MATERIAL. Unha vez que sabemos o que queremos facer, temos que planificar o que necesitamos para levar a idea a cabo. Polo xeral necesitaremos unha cámara e un trípode. Un sistema para almacenar as fotos (pendrive, tarxeta de memoria). E dependendo da historia que sexa, teremos que dispoñer de escenarios, actores, bonecos, cousas,...
O TEMPO. Cada vez que facemos algo temos que saber cánto tempo nos vai a levar, ainda que sexa de forma aproximada. É preciso levar un calendario de rodaxe ou diario de produción. Se se piden permisos para usar un espazo do instituto, por exemplo, hai que deixar ben claro durante canto tempo vaui ser, a que horas... No mundo real a falta de planificación nunha produción pode costar miles ou incluso millóns de euros de pérdidas.
A XENTE. Se vos comprometedes a facer un traballo en grupo, é preciso que sexades responsables e non deixedes ao equipo colgado. Hai que traballar como o que máis e vir a clase. Se participades como actores ou actrices, é necesario que durante os diferentes días de rodaxe manteñades no momento das fotos a mesma roupa ou aspecto sempre que a escena sexa a mesma. A iso chámase manter a continuidade ou raccord.
2ª FASE: PRODUCIÓN: (O traballo)
A ESCENA. É moi importante que todos os elementos, xa actores xa obxectos, se dispoñan correctamente no escenario para poder levar a cabo a acción.
A CONTINUIDADE. Hai que manter o concepto de raccord ou continuidade. Este concepto dinos que dun plano a outro, dentro da mesma escena, non pode haber grandes cambios no tempo ou no espacio que sexan apreciables polos espectadores. Por exemplo, unha personaxe non pode ter o pelo longo nun plano e no seguinte telo recortado, ou ropa diferente.
Nestas produccións modestas temos que ter en conta cousas como o cambio da luz (non hai a mesma luz pola mañá que ao mediodía, ou cunha bombilla respecto a un tubo fluorescente, por poñer un exemplo), a dirección dos movementos (se algo sale de plano pola dereita, debería entrar no seguinte plano pola esquerda se queremos dar a idea de que se move nunha dirección dada), etc...
CÁMARA MANUAL. Moi relacionado co anterior. Dependendo do modelo de cámara que utilicemos, poderemos usar máis ou menos controles de forma manual. Se os deixamos en forma automática, será a cámara a que decida cando aplicar ou non determinadas variables, polo que as imaxes poderían ter diferencias notables en canto a color, luminosidade, etc... e ao facer a animación esta parpadearía de forma desagradable.
Para evitar esto usaremos todos os controles manuais que poidamos, especialmente o Balance de Brancos (White Balance) que axustaremos á luz que teñamos na escena.
TRÍPODE. Na animación por fotogramas é moi importante que se produza a sensación de continuidade de maneira que pareza algo grabado de seguido en vez de fotos independentes. Por iso é moi importante que utilicemos un trípode (ou apoiemos a cámara nunha mesa, nun zócalo, etc) para que a cámara non cambie o enfoque nin se mova a menos que o queramos.
PLANOS. Os planos son o equivalente audiovisual das palabras. É importante cambiar o encuadre e non utilizar sempre a mesma toma fixa. A maior sucesión de planos maior será o ritmo da narración. E así tamén se centra a atención do espectador na acción que queramos destacar.
lunes, 4 de mayo de 2009
Webs de análise de produtos de consumo
Isto ten a vantaxe de que antes de mercar un artigo concreto podemos ler as experiencias que outros usuarios relatan, que cousas boas e malas ten, o uso que se lle da, etc.
Así, os usuarios da rede 2.0 aportan contidos de interese desvinculados da influenza profesional das compañías que producen, o que fai que o usuario teña a posibilidade de atoparse análises independentes.
Un coñecido espacio en español é CIAO, onde diferentes usuarios poden expresar a súa opinión, e o visitante ademais pode recibir ofertas de negocios que venden esos mismos artigos. Ademáis, o usuario pode avaliar a utilidade dos comentarios do resto dos participantes.
Ademáis disto, podemos atopar na rede outros espazos máis orientados cara a opinión de expertos. Como por exemplo esta web especializada en productos fotográficos, gadgets e televisións.
Sexa como sexa, é moi interesante que antes de comprar un artigo, dende mp3's a televisores, coches ou propiedades, calquera cousa, investigar un pouco as opinións de innumerables usuarios que nos poden amosar cousas que doutra banda únicamente descubriríamos cando xa se fixera a compra.

