lunes, 4 de mayo de 2009

Webs de análise de produtos de consumo

En internet hoxe en día podemos atopar innumerables espazos en rede nos que os usuarios analizan e comentan diferentes produtos de consumo, dende lavadoras e teléfonos, ata canles de televisión ou calquera outra ousa que poidamos imaxinar.

Isto ten a vantaxe de que antes de mercar un artigo concreto podemos ler as experiencias que outros usuarios relatan, que cousas boas e malas ten, o uso que se lle da, etc.

Así, os usuarios da rede 2.0 aportan contidos de interese desvinculados da influenza profesional das compañías que producen, o que fai que o usuario teña a posibilidade de atoparse análises independentes.

Un coñecido espacio en español é CIAO, onde diferentes usuarios poden expresar a súa opinión, e o visitante ademais pode recibir ofertas de negocios que venden esos mismos artigos. Ademáis, o usuario pode avaliar a utilidade dos comentarios do resto dos participantes.

Ademáis disto, podemos atopar na rede outros espazos máis orientados cara a opinión de expertos. Como por exemplo esta web especializada en productos fotográficos, gadgets e televisións.

Sexa como sexa, é moi interesante que antes de comprar un artigo, dende mp3's a televisores, coches ou propiedades, calquera cousa, investigar un pouco as opinións de innumerables usuarios que nos poden amosar cousas que doutra banda únicamente descubriríamos cando xa se fixera a compra.

No hay comentarios: