No seguinte traballo imos a experimentar coas técnicas de animación fotograma a fotograma "Stop Motion", ou "Timelapse" utilizando para elo un programa que se chama Animator DV na sua versión gratuíta e limitada.
Pulsa eiquí para saber máis sobre estas técnicas. (non dispoñible polo de agora)
O TRABALLO:
Necesitades crear grupos de entre dúas e cinco persoas. Canta máis xente participe no traballo, máis elaborado e complexo deberá ser.
Coma en todas as producións, existen tres fases que hai que seguir para elaborar un proxecto.
1ª FASE; PREPRODUCIÓN: (Antes do traballo)
A IDEA. Primeiro deberedes elaborar unha idea, un esbozo sobre o cal desenvolver o argumento e o guión. É moi importante que as produción teñan sentido e conten algo, ainda que sexa superficial. Sen guión ou argumento non iremos a ningures.
O MATERIAL. Unha vez que sabemos o que queremos facer, temos que planificar o que necesitamos para levar a idea a cabo. Polo xeral necesitaremos unha cámara e un trípode. Un sistema para almacenar as fotos (pendrive, tarxeta de memoria). E dependendo da historia que sexa, teremos que dispoñer de escenarios, actores, bonecos, cousas,...
O TEMPO. Cada vez que facemos algo temos que saber cánto tempo nos vai a levar, ainda que sexa de forma aproximada. É preciso levar un calendario de rodaxe ou diario de produción. Se se piden permisos para usar un espazo do instituto, por exemplo, hai que deixar ben claro durante canto tempo vaui ser, a que horas... No mundo real a falta de planificación nunha produción pode costar miles ou incluso millóns de euros de pérdidas.
A XENTE. Se vos comprometedes a facer un traballo en grupo, é preciso que sexades responsables e non deixedes ao equipo colgado. Hai que traballar como o que máis e vir a clase. Se participades como actores ou actrices, é necesario que durante os diferentes días de rodaxe manteñades no momento das fotos a mesma roupa ou aspecto sempre que a escena sexa a mesma. A iso chámase manter a continuidade ou raccord.
2ª FASE: PRODUCIÓN: (O traballo)
A ESCENA. É moi importante que todos os elementos, xa actores xa obxectos, se dispoñan correctamente no escenario para poder levar a cabo a acción.
A CONTINUIDADE. Hai que manter o concepto de raccord ou continuidade. Este concepto dinos que dun plano a outro, dentro da mesma escena, non pode haber grandes cambios no tempo ou no espacio que sexan apreciables polos espectadores. Por exemplo, unha personaxe non pode ter o pelo longo nun plano e no seguinte telo recortado, ou ropa diferente.
Nestas produccións modestas temos que ter en conta cousas como o cambio da luz (non hai a mesma luz pola mañá que ao mediodía, ou cunha bombilla respecto a un tubo fluorescente, por poñer un exemplo), a dirección dos movementos (se algo sale de plano pola dereita, debería entrar no seguinte plano pola esquerda se queremos dar a idea de que se move nunha dirección dada), etc...
CÁMARA MANUAL. Moi relacionado co anterior. Dependendo do modelo de cámara que utilicemos, poderemos usar máis ou menos controles de forma manual. Se os deixamos en forma automática, será a cámara a que decida cando aplicar ou non determinadas variables, polo que as imaxes poderían ter diferencias notables en canto a color, luminosidade, etc... e ao facer a animación esta parpadearía de forma desagradable.
Para evitar esto usaremos todos os controles manuais que poidamos, especialmente o Balance de Brancos (White Balance) que axustaremos á luz que teñamos na escena.
TRÍPODE. Na animación por fotogramas é moi importante que se produza a sensación de continuidade de maneira que pareza algo grabado de seguido en vez de fotos independentes. Por iso é moi importante que utilicemos un trípode (ou apoiemos a cámara nunha mesa, nun zócalo, etc) para que a cámara non cambie o enfoque nin se mova a menos que o queramos.
PLANOS. Os planos son o equivalente audiovisual das palabras. É importante cambiar o encuadre e non utilizar sempre a mesma toma fixa. A maior sucesión de planos maior será o ritmo da narración. E así tamén se centra a atención do espectador na acción que queramos destacar.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)


5 comentarios:
Ola somos Adrian Batalla, Oscar Abeijon y Diego Romero. o noso traballo vai tratar dunha montaxe futbolistica. un saudo
ola!o noso grupo está formado po Leti e Tania.
A nosa idea é contar unha historia animada facendo nós os personaxes.
Un saúdo.
grupo:
-Juan Carlos Sánchez
-Daniel Ríos
-Alejandro Ozores
-Rubén Santamaría
En principio a idea é de nós por aí facendo movementos.
O noso grupo de traballo e Judit Laiño e Susana Oliveira.
Faremos un traballo de "timelapse"
O noso grupo está formado por:
-Tamara Laíño
-Paula García
-Elisabet Lago
-Berta Romero
-Mª Carmen Vidal
A nosa idea é facer o traballo de animación con xoguetes.
Publicar un comentario